O líder do PP de Santiago, Borja Verea, destacou hoxe que Compostela Aberta debe tomar a decisión de seguir apoiado ao Goberno da Sra. Goretti, cando a súa primeira decisión é contradicir o prometido por CA nas pasadas eleccións.
“Aínda non levan 100 días e xa estamos ante un Goberno en descomposición, por unha banda, o BNG leva a súa soberbia ao seu máximo expoñente e, por outra, a dignidade de CA está liquidada se segue nun Goberno que derruba a Casa da Xuventude, posto que este inmoble foi o seu símbolo e, polo tanto, estase a rir dos seus votantes, subliñou.
Verea lembra que “eu vin persoalmente, durante a campaña electoral e en varias ocasións, a María Rozas dar a súa palabra a todos os colectivos, prometendo que si CA gobernaba non se derrubaría a Casa da Xuventude.
Para o popular, queda claro que “en Santiago de Compostela só hai unha forza política que mantén a súa coherencia nesta cuestión e que gañou as eleccións con 11 concelleiros, duplicando aos que están actualmente gobernando que é o Partido Popular de Santiago, que mantén o que sempre dixemos, o derrubo da Casa da Xuventude”.