Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia e Borja Rubio, achegáronse ata Villestro para compartir cos veciños a preocupación polo futuro do parque infantil proxectado para a zona.

Barcia amosou o seu interese polo malestar dos veciños, que levan agardando por ese parque desde hai anos, e que se sinten enganados tras ver como o único que se fixo ata agora é poñer un cartel anunciado a execución dunhas instalacións que nunca chegan.

Así, para a edil popular resulta incrible que, estando licitado desde hai meses, nada de saiba sobre esta obra, e que incluso a información lles chega consista en un ruxe ruxe que pasa porque hai un sobrecusto sobre o licitado e non se pode facer nas condicións establecidas nos pregos.

Neste senso Barcia preguntouse cómo é posible que unha obra licitada este mesmo ano conte xa cun sobrecusto que podería chegar a bloqueala e esixiulle ao goberno do BNG que explique en que fase está esta obra e se realmente se vai instalar alí o parque infantil que tanto tempo levan demandando os veciños.