O popular, Borja Verea, asegurou hoxe que a rexedora do BNG está poñendo en risco proxectos claves para o futuro de Compostela coa súa actitude de confrontación unilateral, cando é a encarga de defender e protexer ditos intereses. Verea calificou a Goretti Sanmartín de “irresponsable, por converter ao Concello de Santiago nunha arma constante contra a Xunta de Galicia, xa que é, nestes termos, como ten plantexada a reunión do luns co Goberno galego, polo que estaremos atentos ao resultado desta estratexia e que beneficios ten para o conxunto da cidade”.

Desde hai tempo, a alcaldesa ven demostrando que non ten nin proxecto nin modelo de cidade e agora preséntase a esta xuntanza “sen propostas concretas nos asuntos clave, que para nós son a vivenda, o aparcamento do Clínico e o Estatuto de Capitalidade”, agregou. 

Pasados 100 días de mandato a veciñanza descoñece cales son as propostas do BNG en materia de vivenda, “preguntámonos como vai a solucionar un dos problemas máis importantes, pero a realidade é que nada sabemos, ao contrario”.

Borja Verea lembrou que o Partido Popular xa dixo que, de estar gobernando, “xa teríamos en marcha o bono alugueiro social para poñer a disposición da xente as vivendas baleiras en Santiago e, loxicamente, pediríamos o apoio a todas as institucións, pero o que propón o BNG só consiste en pedirlle a Xunta que constrúa vivendas de protección oficial”. 

En relación ao aparcamento do Clínico, Verea pregúntase tamén “que é o que propón o Goberno da Sra. Sanmartín, cal é o proxecto do BNG para o aparcamento do clínico, a resposta é a mesma: nada sabemos”.

“Nós temos un proxecto coñecido e terminado, un proxecto integral de aparcamento en altura con 1.000 prazas e pegado ao Clínico actual e, engadiu, que si o queren só teñen que pedilo e o poremos a disposición do Concello, pero eles seguen sen facer nada, só pedir que o solucione outra Administración”, incidiu.

Estatuto de Capitalidade

O popular destacou que o que fixo nestes días, en canto ao Estatuto de Capitalidade, a rexedora santiaguesa foi desleal e mercantilista, “para nós a capitalidade é clave e presentaríanos a esa reunión co obxectivo de reforzar o rol simbólico de Compostela en todos os aspectos, en todas as competencias e en todas as institucións”. 

“Somos capital por Lei, pero, sobre todo, por sentimento e temos que merecelo cada día diante de todos os galegos, pero o que fixo estes días non é propio da rexedora da cidade que representa a todos os galegos, mercantilizando e degradando o valor superior da capitalidade universal de Santiago e xa vimos o que pasa a cando a unha a cega a soberbia”, explicou.

Borja Verea subliñou que “contratan un estudo privado de parte e non validado pola Universidade, para pedir unha cantidade a tanto alzado, gustaríame tamén lembrar que mentiu dicindo que era un informe contratado á Universidade, pero a realidade é que é un contrato particular de parte, ademais o traslada á Xunta de Galicia a través dos medios de  comunicación, queimando todas as pontes de diálogo, veremos o resultado desta deslealdade “

Resaltou tamén que, “nunha falta  total de proxecto e de despropósitos, a alcaldesa chegou a dicir que lle ía a pedir ao Goberno galego que dote de saneamento e abastecemento ao rural de Santiago, polo que me “pregunto quen está aos mandos de Raxoi, pídolle que se poñan a traballar, que liciten o contrato da auga e deixen de facer o ridículo” . 

Hai que lembrar que as competencias propias e de servizo municipal son, precisamente, o saneamento e abastecemento dunha cidade, polo que, senón queren gobernar ou non están preparados, que o digan, aínda que teñan 6 concelleiros de 25 non están na oposición, polo que deben de deixar de poñer en risco os intereses dos santiagueses.

“A rexedora do BNG será valorada polos resultados da reunión do luns e canto consigue para o conxunto da cidade, pero o seu comportamento de confrontación e macarra contra a Xunta é unha irresponsabilidade que vai a afectar ao futuro de Santiago”, incidiu. 

Finalmente, Verea destacou que “a Sra. Sanmartín preferiu defender os intereses do BNG e de Ana Pontón antes que os de Santiago, ¿como explica que, a unha semana da reunión coa Xunta, a líder do BNG visite irregularmente o Concello e faga propias as demandas da rexedora?, polo que, non se sabe, se estas son as demandas de Santiago ou son as demandas do BNG e de Ana Pontón”.