O Partido Popular de Santiago destacou hoxe, en rolda de prensa, o importante incremento nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano en materia de Política Social de Galicia para a cidade, que poderá contar con 8 millóns de euros máis que no 2023. O líder do PP de Santiago, Borja Verea, que estivo acompañado pola vicevoceira, María Baleato, e parlamentaria autonómica, Carmen Pomar, subliñou a creación dun Centro de Crise que terá como obxectivo a atención 24 horas ás vítimas de agresións sexuais, que suporá un investimento te máis dun millón de euros e entrará en funcionamento no primeiro semestre de 2024.

A cantidade que investirá a Xunta na capital de Galicia, explica Verea, ven a confirmar que “estas contas inclúen o gasto social máis elevado de todos os orzamentos galegos, que confirman as rebaixas fiscais existentes e incorpora algunhas novas, como as que afectan á compra de vivenda ou vehículos usados”.

Estas contas tamén inclúen medidas que supoñen beneficios para todos os cidadáns de Santiago, como “o bono universal de 5.000 euros para as persoas con dependencia; o bono deportivo de 120 euros para a compra de material deportivo para os rapaces; a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos; o calendario de vacinación máis completo; e a instalación dun novo parque canino”, agregou.

“Con isto vemos a diferencia entre un Goberno que propón, un Goberno que cumpre obxectivos, un Goberno que xera estabilidade, que pensa nas persoas e que mira cara o futuro, todo o contrario do que temos en Santiago, un Goberno bipartito, do BNG e CA, que supón e xera inestabilidade e que xa anuncia unha moción de confianza para falar dunhas contas que non se puxeron a negociar e que xeran incumprimento, porque non teremos orzamentos a 1 de xaneiro”. agregou

Borja Verea incidiu en que os “orzamentos da Xunta de Galicia supoñen emprego, familia, maiores e infancia e deixan fora debates ideolóxicos como os que vivimos nestes meses no Concello de Santiago”.

Durante a súa intervención, Carmen Pomar incidiu a aportación para os Bonos de Dependencia, que contarán cun incremento de 2 millóns de euros, pasando de 3 millóns a 5 millóns, e o investimento en prazas de dependencia e discapacidade, que pasan a ser 5 millóns e medio, o que supón unha subida dun millón de euros.

Así mesmo, investirase un millón de euros na adaptación do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), como centro de coidados intermedios; e tamén se  destacou o incremento para a mellora do funcionamento de Centros Públicos, que chega aos 20 millóns de euros, con un incremento total de 3 millóns de euros. 

Sanidade

No eido da sanidade, a Xunta de Galicia aposta importante polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) que contará cun orzamento de 16 millóns de euros para distintas melloras como a súa ampliación e tamén se investirán case 15 millóns para desenvolver a construción do Centro Galego de Protonterapia, que se situará fronte do hospital clínico e dará servizo a toda Galicia desta nova técnica contra o cancro


O Goberno galego aportará 3,5 millóns de € para o inicio da obra de reforma do Centro de Saúde de Conxo, que se licitará por máis de 5 millóns antes de rematar 2023 e tamén incluirá case millón e medio de eurospara incorporar unha nova resonancia magnética nesta mesma instalación.


Por outra banda, a Xunta tamén levará a cabo transferencias a Entidade de Atención Socio-sanitaria, de saúde mental e de atención ás adiccións; ademais da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home con 1,14 millóns de euros.

Outro dos grandes investimentos para Santiago, como explicou Baleato, son os máis de 6,3 millóns de euros para o inicio da execución do eixo de mob¡bilidade sostible, o carril bici que unirá Milladoiro-Intermodal-San Caetano-Chus.

Vivenda

Outra das apostas importantes do Executivo autonómico para Santiago está no eido da Vivenda, onde como explicou María Baleato, aportará 7,7 M€: 7,6 para a construción en vivenda promoción pública e o resto para arranxos neste tipo de inmobles. Ademais de 1,1 para a ampliación do Polígono da Sionlla. 

O máis cuantioso é o que corresponde á ampliación do IES Eduardo Pondal que supera os 2 millóns de euros e tamén haberá investimentos en obras de mellora no CEIP de Vite e no CEIP López Ferreiro.

Tamén haberá aportacións para desde a Dirección Xeral de Xustiza para a nova sede do Imelga, con algo máis de 2,7 M€; e medio millón de euros para 

Así, tamén a Xunta aportará máis de 19 millóns para a construción da Cidade de San Caetano, máis de 1, 6 para avanzar na execución da nova Edar da Silvouta.