O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, aposta pola tradición belenística compostelá como un dos principais atractivos da cidade durante o Nadal para converter así a nosa cidade nun destino de primeiro nivel.

Así, para Verea, se partimos de que o símbolo máis importante e tradicional destas festas é o Belén, sería especialmente importante promocionar as múltiples actividades belenísticas que xa existen na cidade, con rutas que permitan visitar os nacementos que instalen fundacións, asociacións e familias.

Como cada ano, o líder popular e o seu equipo cumpriron coa xa tradicional visita aos nacementos de Compostela, onde aproveitou para poñer en valor o labor destas fundacións, asociacións e familias. E é que Santiago conta hoxe en día cunha ducia de Beléns abertos ao público: San Fiz de Solovio, San Francisco, o Belén da Catedral de Santiago en San Agostiño, o Belén da Igrexa de San Caetano, o nacemento da Colexiata do Sar, o do Obradoiro, o Belén surrealista da Fundación Eugenio Granell, ou o da Igrexa de San Martín Pinario, entre outros.

Unha cifra, destacou Verea, “que desde logo non é baladí como punto de partida para poñer en marcha unha aposta seria por esta tradición de máis de 800 anos, fomentando a creación de talleres, mercados, certames, e apoiando dunha maneira activa aos que xa existen”. E é que a primeira representación do nacemento de Xesús levouna a cabo en 1223 San Francisco de Asís, cunha representación a escala do misterio da encarnación. Ademais a primeira congregación franciscana fora de Italia foi a de Santiago de Compostela, pouco despois de que San Francisco de Asís peregrinase ata aquí entre 1213 e 1215, polo que cabe pensar que aquí seríamos uns dos primeiros en seguir esa tradición que creou Asis en 1223 e se extendeu por toda Europa. 

Verea tomou como exemplo de éxito Estrasburgo, que conta co mercado de nadal máis famoso e un dos máis antigos de Europa. Pero o Nadal alí non é só o seu mercado, o ambiente da cidade que se esmera en decorar as fachadas e as rúas, entre as que viaxan as panxoliñas de barrio en barrio. O éxito de ser considerada a capital europea do Nadal quizáis teña que ver cos 12 mercadiños que instalan nesa época ou coa decoración cada ano máis completa e máis barroca que o anterior.

O líder popular destacou que “o Nadal de Santiago ben podería competir coas grandes capitais europeas, pero para iso temos que apostar de maneira seria e rigorosa polo noso, polas nosas tradicións”. E temos unha estrutura urbana que se presta a elo, unha cidade Patrimonio da Humanidade, medieval, e unha cultura arraigada da que partir e crear unha imaxe tradicional de marca navideña que faga que Compostela sexa un dos destinos preferidos de Europa para visitar nesta época.