A vicevoceira do Partido Popular, María Baleato, salientou que a Xunta Electoral Provincial, en xuño de 2020, instou ao Concello de Santiago a buscar outra ubicación para a mesa que se trasladou da Cámara de Comercio á Facultade de Ciencias Políticas a petición do padrón municipal, ao observar que “existe unha distancia considerable entre a localización do local electoral e o territorio que comprende esta sección”. Disto hai xa máis de 3 anos, destacou a edil popular, e “nada se ten feito ao respecto a pesar de telo reiterado xa en outras ocasións”.

A resolución da Xunta Electoral na que se denega o traslado desa mesa a Cluny, ven dada por un informe de parte do Padrón Municipal no que esgrime que “no colexio non hai espazo para unha mesa máis” e que o persoal que rexenta este centro educativo ten “unha idade avanzada”. Sen embargo a Delegación da Oficina do Censo Electoral afirmaba por escrito en xuño de 2023 que “non temos obxeción a que se realice este cambio, sempre e cando os responsables do novo local confirmen a disponibilidade para a instalación dunha nova mesa electoral”.

Para Baleato, resulta estraño a afirmación de que nun centro educativo, cheo de aulas, non haxa espazo para unha mesa electoral máis, cando, no caso do traslado da mesa do Aeroclub ao Instituto Rosalía, habilitouse outro espazo para que non houbese problema.

Ademais, cabe suliñar que desde o Concello comprometéronse en xuño do 2023 a buscar unha ubicación alternativa máis axeitada, tal e como lles solicitaba a Xunta Electoral Provincial desde hai 3 anos, recoñecendo por tanto que Ciencias Políticas non era o lugar idóneo. Como exemplo, calquera veciño que viva en León de Caracas, San Pedro de Mezonzo ou O Hórreo terá que desprazarse máis de 1km cunha pendente de máis dun 6% para poder exercer o seu dereito ao voto no colexio electoral de Ciencias Políticas.

Así, a edil popular, esixiu explicacións de por que non se levou a cabo ese compromiso adquirido e tamén sobre “o grao de participación na toma de decisións e no actual bloqueo a unha solución que ten que ser urxente tivo a persoa responsable do Padrón, que, lembrou, concorreu nas listas electorais municipais polo BNG, tanto no ano 2019 como no ano 2023”. “É inconcebible que tres anos despois de que a Xunta electoral instase ao Concello a buscar unha alternativa a Ciencias Políticias, nada se teñan feito”, lamentou Baleato.

E é que, denunciou Baleato, “sería un escándalo maiúsculo que unha persoa que é militante activa do BNG e ía nas listas ás eleccións en 2019 e 2023 sexa a mesma persoa que está participando no peche e localización dos colexios electorais nos que se presenta”. Por iso esiximos saber se esa persoa se abstivo en todo este proceso, e para elo solicitamos xa tanto os expedientes relacionados con esta toma de decisións como a identificación de todos os funcionarios que participaron nestes procesos”