O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, asegurou que “os populares faremos o noso traballo de maneira seria, solvente e responsable, aínda que só teñamos catro días”, xa que o Goberno nacionalista ven de “repartir” o documento de borrador de orzamentos, ao mesmo tempo, á oposición e aos medios de comunicación, deixando apenas catro días para que os populares poidan analizar, pormenorizadamente, as contas do Concello para o exercicio 2024, antes da celebración da Comisión de Facenda.

Para o PP, este modelo de gobernar é un exemplo evidente do tipo de comportamento que nos espera no caso de que os nacionalistas cheguen á Xunta de Galicia o vindeiro 18 de febreiro.

Ante esta anómala situación, Verea asegurou que “nós faremos este traballo dun xeito serio e solvente, a pesar de ter só catro días para analizar toda a documentación orzamentaria, cando eles levan máis dun mes dando roldas de prensa e anunciando medidas a bombo e platillo”.

“Este é o xeito antidemocrático que ten o BNG de entender as institucións e a isto súmase o que levan facendo nos últimos meses, impedindo debates no Pleno; contratando a decenas de asesores e amigos; impedido que se abran mesas electorais no Ensanche, cando llo esixe a Xunta Electoral; ou contratando a dedo os autobuses de Santiago”, agregou.

Borja Verea tamén recalcou que os veciños de Santiago poden estar seguros que desde o Partido Popular “reclamaremos as actuacións que para nós son prioritarias e denunciaremos aqueles gastos suntuosos ou innecesarios que aparezan reflectidos neste documento, se os houbese”.

Non obstante, como dicíamos, este “modelo” de Goberno, protagonizado pola “falta de transparencia” non é novidoso para o PP de Santiago, “posto que o Goberno nacionalista xa amosou as súas maneiras, pouco democráticas en numerosas ocasiones.