O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclámalle ao BNG que a Policía Nacional e a Garda Civil, que prestan servizo en Santiago, poidan usar as instalacións deportivas municipais igual que os bombeiros e a Policía local.
O popular destacou as peculiaridades da capital de Galicia, sede das institucións da Xunta de Galicia; lugar de celebración de centenares de eventos multitudinarios; e meta e destino de milleiros de visitantes e peregrinos, “ao que sumamos, dixo, que conta cunha plantilla moi mermada de Policía local, que si nos seus mellores tempos rozaban os 180 efectivos, agora apenas chegan aos 130, algo que fai imprescindible ter que contar coa colaboración da Policía Nacional e coa Garda Civil, co fin de garantir a seguridade da veciñanza compostelá”.
Por este motivo, explica José Antonio Constenla “o Partido Popular de Santiago solicitou, no pasado Pleno ordinario, que en xusta correspondencia ao traballo de soporte e de seguridade que ambos corpos da á cidade e aos seus habitantes, se asinase, con ambos corpos, un convenio que permitise que puidesen usar, en condiciones similares ás que veñen facendo a Policía local e os bombeiros as instalacións deportivas municipais”.
O popular lembra que, desafortunadamente, os nacionalistas votaron en contra desta demanda, que supón un escaso custe económico para as arcas municipais. “Está claro que o BNG prefire destinar o orzamento municipal a accións ideolóxicas, que non buscan máis que radicalizar a vida política da cidade, que mellorar os servizos que se prestan en Santiago”, engadiu.
“Proba disto, subliñou o popular, é que a pesar de que se te eliminado a taxa de reposición, o BNG non inviste en fortalecer a plantilla da Policía local, o que obriga, moitas veces, a acudir á Policía Nacional e á Garda Civil, para afrontar os diferentes operativos de seguridade da nosa cidade”.
José Antonio Constenla remarcou que o BNG esta a converter o Concello “nunha Administración parasitaria, porque todo o que poida lograr doutras entidades ben vido sexa, así menos terá que facer a administración local, mentres que nós entendemos que a cidade debe ter os mellores servizos e non depender sempre do que fagan outros”.
Finalmente, o popular destacou que para que se leve a cabo o acordo plenario aprobado, “solicitaremos no consello de Administración de XADE que se poida materializar este acordo”.