O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lembrou hoxe que a dramática situación de vivenda no Ensanche é consecuencia das políticas do BNG e do PSOE nas últimas décadas.
“Hai milleiros de pisos baleiros sen poñer no mercado -sinalou- porque os propietarios non queren, ou non se fían o non poñen eses pisos en alugueiro. Por que? Porque hai problemas de inquiokupación: xente que entra na vivenda e de súpeto no terceiro ou cuarto mes deixan de pagar ou destrozan as vivendas”. “Neste senso, resulta entendible que moitos propietarios non estean dispostos a poñer os seus pisos en alugueiro xa que se atopan totalmente desprotexidos”, indicou.
Verea lamentou así que a solución do BNG a este problema sexa dicirlles a eses propietarios, que xa non se atreven a alugar as súas vivendas, que agora ademais van a dedidir por eles a que prezo se teñen que alugar. Así, explicou que a declaración de zona tensionada “o que vai supoñer polo tanto é menos pisos no mercado e un incremento dos prezos nas zonas non tensionadas, unha política que o que fará e rematar definitivamente coa vivenda en Compostela”.
Por iso o líder popular plantexou poñer en marcha “unha operación retorno de todos os veciños que queiran volver á súa cidade; temos que axudar aos composteláns que están viviendo en Bertamiráns, no Milladoiro ou Sigüeiro e queren volver”. Para iso, insistiu, “fan falla políticas pensadas para poñer no mercado os máis de 6.000 pisos baleiros e non políticas que leven precisamente ao efecto contrario, retirar pisos do alugueiro e que aumenten o número de vivendas baleiras”.
Neste senso salientou tamén que “cantos máis pisos en alugueiro, máis baratos van ser, polo que o principal é garantir seguridade xurídica aos propietarios para que poñan os seus pisos a disposición”.