O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, propuxo a posta en marcha dun programa de descentralización turística que facilite o acceso ao noso patrimonio relixioso. O popular sinalou que esta iniciativa consistiría na apertura de monumentos que, xeralmente, non son accesibles ao público ou se atopan pechados salvo nos horarios de culto, co que se lograría atopar novos recursos dentro da oferta cultural e turística da cidade.
“Mantelos abertos ao público permitiría establecer itinerarios como: ruta de conventos, ruta de órganos, o barroco compostelán, ruta dos tímpanos ou o barroco rural, entre outros, o que en períodos de gran afluencia de visitantes, contribuiría a reducir as concentracións na contorna da Catedral e as súas prazas”, remarcou.
Constenla explica que, para levar a cabo este programa, habería que contar coa colaboración da Igrexa e dos propietarios de lugares singulares, aos que se lles sufragarían os gastos de apertura e atención ao público, nos días e horas que se establecesen; e, para aportar recursos, se buscaría a colaboración doutras entidades públicas ou privadas.
“Obxectivo final de este programa, incidiu o popular, non sería outro que establecer rutas alternativas para capitalizar os movementos turísticos, evitando concentracións elevadas de visitantes na contorna da Catedral; facer máis sostible o noso destino turístico e aumentar o tempo de pernoctación, o que significaría un incremento do gasto por turista e a súa repercusión positiva na economía local.
José Antonio Constenla insistiu en que este programa “melloraría a experiencia de visita e desfrute dos visitantes na cosa cidade e, por outro lado, reduciríao impacto que as visitas poden ter sobre a calidade de vida dos nosos veciños ela conservación do patrimonio”.