Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e José Ramón de la Fuente asistiron o pasado venres a unha reunión con case 20 veciños e veciñas da rúa do Pombal afectados por unha obra que se prolongará durante case un ano.
Logo de escoitar as diferentes problemáticas que esta actuación provocará no día a día desta veciñanza, Villa quixo remarcar a “incompetencia” dos nacionalistas que, “unha vez máis con ocultismo, sen unha convocatoria oficial e con improvisacións, informaron á veciñanza tan só 6 días antes do inicio da obra”.
Os veciños e veciñas do Pombal asistiron así a unha reunión que “non foi convocada en tempo e forma por parte do concello e, na mesma, quedou evidenciada unha absoluta falta de previsión e coñecemento das necesidades dos residentes”. José Ramón de la Fuente denunciou que non se prevea un acceso durante os traballos a vivendas e garaxes, tal e como si se adoita facer en obras de similares características.
Na reunión, os edís puideron comprobar problemáticas como o abastecemento de gasóleo, acceso a garaxes e, o máis importante, a recollida de numerosos residentes de avanzada idade con problemas de mobilidade ou de nenos pequeno que aínda van en silliña. Tamén se falou do establecementos de hotalaría e hostalaría, aos que os non se poderá acceder en transporte público e os cales tamén contarán con problemas no reparto de mercadorías en vehículos pesados.
Logo de coñecer esta falta de previsión e as demandas da veciñanza, os populares solicitan ao goberno nacionalista que se teñan en conta as súas necesidades antes do comezo das obras. “Outro exemplo máis da falla de xestión do BNG, que non preveu os problemas que lles ía ocacionar aos veciños cortar a rúa durante case un ano”, indicaba Villa.