A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, ven de denunciar que, unha vez máis, o BNG volve a enganar aos santiagueses, “escondendo” o calendario de rozas. “Solicitamos por rexistro o informe de xestión destes traballos, que inclúe o calendario de actuacións, pero desde que a concelleira do Rural se comprometera a achegánolo aínda non sabemos nada, cando ten pasado xa máis dunha semana e tendo un prazo de 5 días naturais para contestar”, explicou.

Foi no pasado Pleno ordinario, o xoves 27 de xuño, cando Pilar Lueiro asegurou que o mesmo luns, día 1 de xullo, dispoñeríamos de toda a información, pero a realidade é que xa comezamos a segunda semana de xullo e nin sabemos nada, nin os traballos avanzan.

Novamente, os nacionalista “fan gala do mellor que saben facer que é comprometerse a algo e non cumprir, sumindo ao Concello a unha total falta de transparencia e eficacia”, explica Nerea Barcia.

“Neste momento, dixo a popular, xa nos preguntamos se realmente existe dito informe, porque non ten que ser tan difícil facelo público, único que o BNG non teña interese en que se coñeza para poder seguir escudándose neste documento para xustificar os retrasos e a falta de ganas de traballar”.

Así mesmo, reiterámoslle ao BNG, unha vez máis, que realice os traballos de roza no termo municipal, xa que é unha tarefa que tiña que ter empezado o do abril e, cando xa estamos na segunda semana de xullo, só se limparon algunhas zonas, para elo, “sen orde e de maneira aleatoria”.
A popular denuncia que, “percorrendo rúas e barrios composteláns é sinxelo ver os bordes das beirarrúas sen arranxar e cheos de herbas e maleza, o que supón, en moitos casos, inconvenientes para o tránsito de persoas e unha pésima imaxe que se proxecta da cidade”.