A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, lamentou que o contrato de sensibilización acerca de boas prácticas para o turismo, posto en marcha, “a bombo e platillo” polo BNG nos estea a ser de utilidade, como xa advertimos cando se puxo en marcha, polo que “como xa denunciamos, os nacionalistas sempre chegan tarde e mal”.

O 14 de agosto de 2024, os nacionalistas adxudicaron o servizo de prestación da planificación, xestión e dinamización dunha campaña de comunicación e sensibilización acerca de boas prácticas e conductas respectuosas para un turismo sostible na cidade, dentro deste contrato, ademais do deseño de novos materiais de comunicación e dunha campaña en redes sociais, figuraba a posta en marcha dun servizo de información turística a pé de rúa, que na nosa opinión, chegaba tarde.

“Como xa avanzabamos, no Pleno de xuño, ese contrato tramitouse moi tarde, porque eses informadores comezaron a traballar case a finais do verán, en concreto o 23 de agosto, o que fixo que este servizo xa perdera a súa principal razón de ser, posto que a época de maior apoxeo turístico estaba a piques de rematar”, resaltou.

Finalmente, Baleato subliñou que “esta prestación, que foi adxudicada por 76.167,08 euros, está a ser moi pouco frutífera, xa que comezou a finais do mes de agosto, fóra do prazo axeitado para a súa execución, cunha duración de 45 días ininterrompidos e nun horario moi reducido, entre as 09.00 e as 13.00 horas, o que fai que estes informadores rematen o seu traballo e desaparezan das nosas rúas xa na primeira semana de outubro”.