O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, considera que o BNG, antes de falar e propoñer peatonalizacións, debe garantir un transporte eficaz e digno da capital de Galicia, xa que, “iso é unha prioridade de cidade”.
O líder popular destacou a inacción dos nacionalistas, “xa que cando plantexan un concurso de ideas, o que demostran é que non saben o que queren facer, polo que é evidente que, tras chegar ao goberno grazas a unha carambola, non tiñan un proxecto para Virxe da Cerca, porque concursos de ideas xa houbo”.
“Agora queda ver, polo miúdo, o que van a plantexar aos solicitantes que se presenten, nós manterémonos vixiantes”, remarcou, pero, “sen un bo trasporte público, sen boas liñas de autobús, sen boas frecuencias e sen bos aparcadoiros todos estes procesos o que van a xerar é frustración, decepción e crispación”.
Con ditas condicións, dixo, “se pode iniciar, acelerar e intensificar os procesos de peonalización, facelo sen esta premisa non é mais que enganar á xente ou meter á cidade nun problema gravísimo que vai a xerar decepción a posteriori”.
Por outra banda, Borja Verea subliñou que falan de peatonalizar a rúa da Virxe da Cerca, pero, ao mesmo tempo, recoñecen que “alí vai haber trafico en dobre dirección, vai haber autobuses, vai haber vehículos, polo que é evidente que iso non é facer unha cidade humanizada para o día a día, non parece un gran avance á hora de conseguir unha cidade máis amable, máis familiar e máis humana”.
Finalmente, o popular destacou que unha das demostracións de que os nacionalistas traballan sen obxectivos e sen sentido é que, para plantexar esta iniciativa, nin sequera falaron cos traballadores e usuarios da praza de Abastos, principais afectados desta medida.
“É indispensable comunicarse con eles e antes de plantexar ningún concurso de ideas, pero o BNG danos outro exemplo máis da improvisación, ocorrencias e falta de diálogo que os caracteriza”, destacou.