O Partido Popular de Santiago asistiu hoxe á manifestación Mundial en apoio a Venezuela que se celebrou esta tarde na Praza do Obradoiro, onde lle reclamaron aos nacionalistas e socialistas que “rectifiquen e se poñan do lado da democracia en Venezuela e non do lado da ditadura”.

“Tanto BNG, como Compostela Aberta e o PSDG teñen que chamarlle ao que pasa en Venezuela polo seu nome: unha ditadura, a ditadura de Nicolás Maduro”.

Así, Adrián Villa xa defendera esta postura no pasado Pleno municipal, na que instou a condenar o réxime ditatorial de Maduro e, ademais, a axilizar a tramitación e atención social aos venezolanos e venezolanas que están a chegar a Santiago.

Coa representación dun numeroso colectivo da capital de Galicia, os populares quixeron dar voz á situación que están a vivir os máis de 30.000 galegos e galegas que residen no país venezolano, onde hai unha gran crise social e política a causa do proceso electoral celebrado no mes de xullo no que, tal e como leva defendendo o PP, produciuse un ataque á liberdade democrática e un proceso tan importante como o dunhas eleccións, que deberan ser transparentes.

O edil tachou de “covardes” aos nacionalistas, posto que decidiron “esconderse e non dar a cara” ao non ter defendido a súa postura durante a moción.