El líder del PP de Santiago, Borja Verea, achegouse esta semana ata o Burguer King para interesarse polos traballadores que estaban en turno o domingo cando, unha serie de persoas, aproveitanto a manifestación Pro Palestina, asaltaron o local increpando á xente que alí se atopaba.

Verea manifestou que “Santiago non se merece unha alcaldesa que se pon do lado dos presuntos delincuentes violentos e non defende os nosos negocios asaltados”. E insistiu en que “o que non pode facer agora o BNG é ir contra a policía que o único que fixo ese día foi salvagardar o traballo de negocios composteláns”.

“Así, o que debería ter sido unha manifestación pacífica converteuse nun asalto a establecementos públicos, algo que ningún goberno debería defender”, salientou. Nese senso destacou que “non estamos a falar de manifestantes, estamos a falar de presuntos delincuentes; nós respectamos, por suposto, o dereito de manifestación, as ideas que poden ir atrás dunha protesta poden gustar máis ou menos, pero son lexítimas, o que non respectamos son presuntos delincuentes que asaltan negocios; e que pola información que saíu nos medios de comunicación, creo que acordoaron ou o intentaron a comisaría de Santiago”. Lembrou ademais que “Santiago ten decenas e decenas de manifestacións moito máis numerosas que as doutro día, que nos poden gustar máis ou menos; e o comportamento sempre é impecable por parte dos manifestantes”.

O líder popular lamentou ademais que unha alcaldesa que perdeu as eleccións goberne só para os seus amigos e a súa axenda radical. Estamos ante o goberno con menos educación democrática da historia de Santiago, porque non só perderon claramente as eleccións con 6 concelleiros de 25, senón que non aceptan que o BNG non representa o sentir maioritario de Compostela”.

Neste senso, Verea afirmou estar convencido de que “moito do socialismo compostelán está horrorizado coas políticas radicais deste BNG de Santiago, que está aí polos votos do seu partido”, e finxo fincapé en que “eu vou seguir traballando humildemente para conseguir a súa confianza e poder gobernar para todos”.