A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, lembrou hoxe que, hai máis dun ano, xa levamos ao Pleno unha moción para instar ao Concello de Santiago “para que procedese a súa adhesión ao Programa Xantar na Casa, polo tanto hoxe, valoramos que, grazas á nosa iniciativa, esta adhesión sexa unha realidade”.

A edil popular considerou que “é unha boa nova que a veciñanza de Compostela vexa ampliada a súa oferta de servizos sociais grazas a este programa nutricional”.

Yolanda Otero destacou que, dende o Partido Popular de Santiago, “seguiremos instando ao BNG para que Compostela sexa unha cidade na vangarda social e continuaremos impulsando iniciativas que redundan na mellora da atención e coidado dos nos nosos veciños e na súa calidade de vida, especialmente no seu proceso de envellecemento activo”.