O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lamentou hoxe que o BNG siga utilizando a taxa turística como arma política, “xa que agora só depende dos nacionalistas que se empece a aplicar a partir do 1 de xaneiro”.

Verea salientou que “nós cumprimos e o 1 de xaneiro haberá taxa turística en Santiago. Outra vez somos nós os que levamos a inciativa e imos por diante: así tamén nas novas vivendas colaborativas 100% públicas en Xoan XXIII e coa senda peonil e ciclista que unirá Santiago-Milladorio”. Así afirmou que “o BNG e a súa alcaldesa seguen perdendo o tempo e deixando á vista de todos as súas incoherencias: ¿querían unha taxa turística pero non queren xestionala? ¿pero que broma é esta?”. 

Para o líder popular o que non é de recibo é que “utilizasen a taxa turística como arma para o enfrontamento político e agora que a teñen sigan co mesmo discurso. A partir de agora depende só deles poñela en marcha a partir do 1 de xaneiro, veremos se son tan rápidos en poñerse a traballar como en crear enfrontamentos e botarlle a culpa aos demais no relativo ás súas competencias”.

En palabras de Verea, “o goberno do BNG é o mellor exemplo dun goberno acomplexado, pequeno e sen ningunha ambición. Neste senso, continuou, “é importante destacar que ninguén na historia de Santiago tantos recursos como os nacionalistas, e sen embargo está xa rematando o 2024 e non serviu para nada, ningún goberno tivo tanto e fixo tan pouco”. E recoñeneu non entender porque “a pesar diso seguen falando de recadar máis e máis impostos. Para que queren máis cartos se non son quen de gastar os que xa teñen?”.

O líder popular advertiu de que “estaremos moi atentos, primeiro, a que poñan en marcha unha taxa turística eficiente, seria e eficaz, e segundo que o destino deses recursos sexa totalmente transparente: queremos saber a qué van a dedicar cada un deses euros”.

E salientou que “se non teñen ganas ou capacidades para xestionar a taxa turística que nos deixen a nós, pero que paren xa de facer o ridículo, polo ben da cidade”.