O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou o deplorable estado no que se atopa o parque infantil da rúa Manuel Beiras, en Cornes. O popular remarcou que os elementos de xogo están nun estado perigoso, con esconchados de pintura que deixan ver corrosión incipiente nos elementos metálicos e roturas de madeiras con esquinas e astillas perigosas, ademais de tornilleria e anclaxes sen protección.

Así mesmo “cunha simple visual -dixo- tamén se pode observar como o banco de area para os máis cativos esta conquistado por vexetación e por restos orgánicos e excrementos de animais; en resumo, o parque infantil atópase nunha situación que desaconsella, totalmente, calquera uso polas crianzas”.

Por outra banda, engadiu o popular, “a pista deportiva non conta con ningún tipo de elemento ou mobiliario que a faga apta para o deporte, por exemplo canastras ou porterías, polo que reclamamos a instalación destes elementos, para que dito espazo deixe de ser unha simple explanada sen contido”.

De la Fuente lembroulle aos nacionalistas que “o verdadeiro compromiso co deporte se evidencia tamén, cun mantemento adecuado e un mobiliario axeitado nas instalacións deportivas exteriores”.

Esta situación faise cada vez máis preocupante, porque, a pesar do estado lamentable das instalacións, o lugar é frecuentado polos veciños con nenos, dado que a localización dese parque ofrece unhas condicións óptimas de seguridade para a rapazada, debido á configuración urbanística da zona e dos edificios que o circundan e por estar aloxado de vías de comunicación con alta densidade de tráfico.

Ante a evidente situación de deterioro deste espazo, “dende o Partido Popular -remarcou De la Fuente- esixímoslle ao BNG que proceda á reparación do parque infantil, incluíndo a substitución do cerramento perimetral e do chan, ademais da retirada dos actuais elementos de xogo e o seu remprazo por uns novos, adecuados á normativa vixente; e que proceda á súa limpeza; que se delimiten as liñas de xogo e se instale, na pista deportiva, canastras e porterías, para que as zonas poidan ser utilizados para o fin para o que foron concibidas”.