O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, xunto co eurodeputado Adrián Vázquez, propuxo hoxe un Plan de Choque para que Santiago volva a ser “a cidade segura que merecen os composteláns”.
Verea fixo fincapé en que é certo que estamos ante un problema global que afecta a toda Europa, pero “nós queremos un Santiago firme fronte á delincuencia. E é que hai unhas horas coñecíanse os datos de criminalidade do ano 2024, e Santiago aparece á cabeza no ratio de delitos por cada mil habitantes, por diante de A Coruña, Vigo ou Ourense. Así “durante o ano pasado cometéronse na nosa cidade 5056 delitos, superando o noso máximo histórico e convertendo a Santiago na urbe galega máis insegura”, sinalou Verea, quen cualifiou estes datos de obxectivos sen intención de buscar culpables, pero si de pedir unha reacción política por parte do goberno de BNG e CA porque da “análise da evolución histórica dos datos de delincuencia hai unha realidade: a preocupante deriva no incremento da criminalidade que nos leva hoxe a ser a cidade menos segura de Galicia; e o ano 2024, o ano con máis delitos da historia de Compostela”. “Por iso -continuou- esiximos unha reacción política contundente”.
O tamén deputado autonómico salientou ademais a crecente sensación de inseguridade, que sumada a eses datos reais, resulta moito máis importante que as estatísticas, “é un clamor na xente, é un clamor nas rúas e nos barrios que hoxe os veciños síntense menos seguros, máis incómodos e preocupados na súa propia cidade”.
Por todo isto, destacou que “se eu fose alcalde, activaría de xeito inmendiato un Plan Plurianual para a contratación de 100 novos policías locais”. “É inaceptable e impresentable que en 2004 houbese 175 policías e na actualidade Santiago conte tan só con 121”. “Con estes números -explicou- non se poden configurar as patrullas nin facer as rondas axeitadas, non hai suficiente presenza policial na rúa; tendo en conta a nosa poboación real e flotante serían necesarios en Compostela uns 220 policías municipais”.
Insistiu ademais en activar a gravación das cámaras de videovixilancia da cidade e instalar novas cámaras. “As cámaras asustan ao delincuente e dan unha real sensación de seguridade, por que se negaron e seguen negándose CA, PSOE e BNG a facelo?”, reclamou.
Verea recuperou unha demandan que levan meses facendo, elevar o rango da Comisaría da Policía Nacional de Santiago. “Isto suporía mais efectivos, más medios, máis orzamento e máis autonomía”, sinalou.
No último pleno municipal xa solicitara un cambio na luminaria, e hoxe salientou a necesidade da “substitución, revisión e redeseño do sistema de iluminación da cidade”. Neste senso, denunciou que o novo contrato de iluminación non funciona. “Coa substitución das luminarias a cidade está máis escura que nunca; e unha cidade máis escura é unha cidade máis insegura, especialmente para as mulleres”.
“No que respecta ao maior centro comercial de droga de Santiago en Santa Marta -afirmou- só cabe a súa desaparición e desmantelamento. Para Verea, “isto é unha decisión política, polo que só nos queda preguntarlle claramente ao goberno local ´queren vostedes o desmantelamento inmediato do principal supermercado da droga de Santiago? Si ou non?`”. “E é que -expuxo o líder popular- as únicas respostas que tivemos ata hoxe foron moi mornas, e máis parecían evasivas, que medidas concretas están detrás do anunciando polo BNG plan contra o trapicheo ou acción integral?”. Así, pediu a CA, PSOE e BNG que se pronuncien sobre esta última cuestión, posto que a día de hoxe non fixeron pública a súa postura; e insistiu en solicitar unha “reacción política contundente”, nós acabamos de explicar a nosa: seria firme e implacable con esas 5 medidas de choque inmediatas”, finalizou.
Axuda de Europa
O eurodeputado Adrián Vázquez manifestou que “es una pena tener que venir a Santiago para hablar de la inseguridad ciudadana, uno de los grandes retos que tenemos por delante en la próxima década”, por ello, “la Unión Europea -dixo- lleva años dando recomendaciones; y desarrollando instrumentos, que se puedan utilizar a nivel municipal”.
Para o popular europeo, “la inseguridad ciudadana sólo se puede combatir de dos maneras: la primera con una colaboración clara de todas las administraciones, empezando por Bruselas, pasando por Madrid y, por supuesto, pasando por Santiago; y la segunda: tomando decisiones para mantener el bienestar y la seguridad de la ciudadanía, sin complejos ideológicos que, por desgracia, es lo que se sufre cada día en Santiago”.
“Los datos que acaba de dar Borja escenifican hacia dónde va Santiago, esto no tiene pinta de mejorar, sino de empeorar; ayer el Partido Popular, con el presidente Feijoo, presentó en Zaragoza una medida sobre la seguridad ciudadana con más de 30 alcaldes de ciudades españolas, en la que nos centramos en conseguir ciudades seguras para nuestros ciudadanos en los próximos años”, insistiu.
Para Adrián Vázquez, “desde Europa, se recomienda, primero, y que va a depender de los concellos, más y mejor presencia policial, los números de presencia policial en Santiago están muy por debajo de las recomendaciones europeas; y, segundo, y esto es una demanda a Madrid: más instrumentos legales para combatir la reincidencia, ya que estamos arrastrando los pies a la hora de igualarnos a otros países europeos que sí han avanzado en intentar tener instrumentos para evitarla”.
Así mesmo, Vázquez remarcou que tamén tería que darse “un endurecimiento de las penas y armonización de los códigos penales a nivel europeo, para combatir el tráfico de drogas y el crimen organizado y el instrumento que Europa ha puesto a disposición de los concellos es muy claro, la utilización de la Europol, ya que la Europol tiene instrumentos, tiene capacidad, tiene recomendaciones y tiene buenas prácticas, que puede ofrecer a ayuntamientos como el de Santiago, para intentar, de una vez por todas, acabar con el problema que tanto crece en esta ciudad”.
“Yo -finalizó- la única petición que le haría a la alcaldesa de Santiago es que no se puede quedar de brazos cruzados y si no se ve capaz de atajar este problema que escuche nuestras propuestas y que pida ayuda a Europa que desde Bruselas se la damos”.