O Partido Popular de Santiago, a través das súas concelleiras, María Baleato, Olaya Otero e Nerea Barcia, pediulle hoxe, en rolda de prensa, á Goretti Sanmartín, que condene publicamente o panfleto que publicaba o seu sindicato contra a conselleira de Política Social, Fabiola García, “no que -explicou Baleato- a caricaturizaba de xeito sexista e que, a día de hoxe, segue sen unha resposta por parte das nacionalistas”.

“Dito cartel representa á conselleira de forma estereotipada e despectiva, desviando a atención da súa labor profesional, para centrarse en aspectos superficiais e ofensivos, unha conselleira, si, pero que non deixa de ser unha muller veciña de Santiago”, lembrou Baleato.

Para a popular, “é triste que, en pleno 2025, sexa necesario dar unha rolda de prensa para esixir a quen se proclaman abandeiradas do feminismo, que reproben un ataque machista e, dende o PP manifestamos a nosa repulsa ante este acto retrógrado, sexista e sectario”.

“Resulta -dixo- inaceptable que nunha sociedade que aspira á igualdade, se usen ataques machistas como ferramenta de crítica política a unha muller e o silencio no que se manteñen non fai mais que respaldar actitudes que deberían estar desterradas”.

Na súa intervención, Olaya Otero tamén interpelou a Sanmartín para que diga “onde esta o feminismo e a igualdade de xénero que tanto di defender o BNG?” e preguntouse “se a alcaldesa vai antepor o respecto ás mulleres á doutrina da UPG ou con que coherencia se van colocar o día 8 de marzo detrás dunha pancarta en prol dos dereitos da muller, se non son valentes para condenar unha publicación machista e cargada de faltas de respecto?”.

A edil popular pediulle a Sanmartín que se pronuncie claramente “se está do lado dunha muller veciña da cidade da que é alcaldesa ou vai seguir defendendo os ataques machistas da súa querida UPG? Que intereses vai defender, os das compostelás e composteláns ou os do seu partido?”, pero “-engadiu- moito nos tememos que, unha vez máis, sacará a súa máscara e volverá ser evidente o seu sectarismo”.

Otero dixo que “o feminismo do nacionalismo tornase mudo e indiferente cando o machismo ataca a alguén que non comulga co seu ideario político, quen cre no feminismo e non o trata como unha ferramenta política, non ten reparo en condenar o machismo veña de onde veña”.

“A poucos días do 8 de marzo, invitamos á alcaldesa e ao seu partido -subliñou- a non desaproveitar a oportunidade de rexeitar, de forma pública e contundente, a desafortunada publicación do brazo sindical do nacionalismo en contra dunha veciña desta cidade”.

A edil popular preguntouse “se a Goretti Sanmartín parécenlle normais estas faltas de respecto e se debemos preocuparnos ou, como mulleres de Compostela, temos unha alcaldesa que vai dar a cara por nós?.

Pola súa banda, Nerea Barcia quixo lembrarlles que “o feminismo é unha causa común ao conxunto da sociedade e defendelo unha obriga colectiva, non depende de partidos políticos como evidencia que persoas doutras formacións, se teñan pronunciado condenando estes feitos, co fixo a alcaldesa socialista Inés Rey”.

Na súa intervención, Barcia subliñou tamén que “defender ás mulleres non é o 8M nin o 25N, porque a defensa da muller comeza por cuestións simples e os 365 días do ano e as 24 horas, non só dous días”.

“Insistimos -agregou a popular- en que non deixa de ser curioso que as mesmas que se autonomean defensoras do feminismo e que, hai uns meses, levantaban a voz porque un concelleiro chamaba “fashionarias” a dúas políticas, adxectivo que unha delas empregaba nas súas publicacións para definirse, agora garden silencio ante comportamentos machistas, evidenciando a falta de coherencia do seu discurso”.

Finalmente, remarcaron que “queremos reiterar o apoio do PP de Santiago á conselleira de Política Social e lamentar que o BNG e o seu sindicato non estean á altura do que requiren os seus cargos e non sexan quen de recoñecer os seus erros,