O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cualificou hoxe de “fraudulentos” os orzamentos de 2025 porque dos 12 millóns de euros que hai para inversión, a metade non están garantidos.
Neste senso quixo evidenciar a súa falta de rigor porque “contemplan 2,9 millóns de euros de ingresos provintes de 29 novas licenzas de taxis cando aínda non confirmaron se realmente van estar operativas todas esas licenzas ao longo deste ano”.
Verea preguntou se “está o goberno en condicións de garantir que este ano vai conceder as 29 licenzas de taxi como di o orzamento? “Cal será o prezo de cada unha desas licenzas para chegar aos 2,9 millóns de euros, 100.000 por licenza?”. “De non ser así, estarían recoñecendo que están presentando uns orzamentos fraudulentos, onde o capítulo de inversións vai quedar sen fondos”, destacou.
Así, continuou, “queremos saber que van facer se a final de ano non teñen recadadas esas contías como estamos advertindo hoxe, pensan a alcaldesa e o concelleiro de facenda dimitir se se confirma este engano?.