As concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Nerea Barcia, mantiveron unha reunión cos veciños e veciñas da rúa da Mira, en Amio, que están a vivir unha situación moi complexa, xa que as tubarias rompen asiduamente e, como consecuencia, sofren numerosos inconvintes como: quedar sen auga; asolagamentos nas súas vivendas; ou que a auga sae de cor marrón, con partículas que poden ser prexudiciais para a súa saúde, polo que se ven obrigados a mercar auga embotellada para poder ducharse e facer a comida.
Ante isto, as populares propoñen que o goberno local leve a cabo, de forma urxente, melloras destinadas a solucionar esta grave problemática, que está a afectar, sobre todo, a persoas de avanzada idade e a nenos pequenos, que son os máis vulnerables.
“Estamos a falar dun servizo de primeira necesidade, pero o goberno local non lles da resposta -explicou Otero-, polo que puidemos comprobar, de primeira man, o malestar ante esta esperpéntica situación que está a vivir a veciñanza desta zona da capital de Galicia”.
Pola súa banda, Nerea Barcia indicou que “xa no mes de setembro de 2024, os veciños denunciaban o que estaba a pasar, algo que se repite agora, nunha semana rompeu 3 veces a mesma tubaria, pero o goberno só sabe pedirlles paciencia, xa que o arranxo non estaba contemplado nos orzamentos”.
Cabe destacar, remarcou Barcia que, durante as eleccións, “os nacionalistas cansáronse de prometer que se ía arranxar esta problemática, pero a realidade é que, agora mesmo, o goberno local non é quen de respostar si xa existe proxecto de obra e cando se vai licitar, polo que todo indico que o 2025 tampouco será o momento para rematar con esta problemática”.
A popular pregúntase “cal é a solución?, a que propón o goberno? parchear e parchear e que aprendan a convivir coa situación con paciencia?”, polo que insistiu en que “haberá que lembrarlle ao goberno que estes veciños pagan impostos, pero seguen sen solución, o que evidencia unha falta de xestión moi grave por parte dos nacionalistas, a pesar de que o Partido Popular xa denunciou isto en varias ocasións, o mesmo que a veciñanza”.
Finalmente, Nerea Barcia remarcou que “resulta inconcibible que o goberno local continúe a dar este tipo de respostas á veciñanza, como se a responsabilidade deste caos na organización da cidade fora culpa dos veciños e veciñas”.