O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, denunciou a total falla de mantemento por parte do goberno local nos colexios públicas da cidade. Nese senso, esixiu que os nacionalistas que cumpran coa súa obriga e realicen as labores de mantemento que lle corresponden aos centros públicos de Infantil e Primaria de Compostela, que están a sufrir unha total deixadez,”, situación denunciada xa pola comunidade escolar e que é responsabilidade directa dos nacionalistas.
Reclamou tamén a posta en marcha dun plan plurianual de mantemento escolar, con criterios técnicos, seguimento real e orzamento suficiente, co fin de que todos os centros públicos da cidade poidan contar cunhas condicións axeitadas. “A situación actual é inadmisible, -dixo-, é unha falta de respecto ás comunidades educativas e unha mostra clara de que este goberno nacionalista non cre na educación pública, máis alá dos discursos baleiros”.
“Se os colexios de Santiago están como están, é só responsabilidade do goberno local, xa non valen escusas nin promesas, porque a capital de Galicia merece uns centros públicos ben coidados e, hoxe, iso non existe; unicamente hai abandono e propaganda”.
Rubio alertou de que “moitos centros presentan deficiencias evidentes en elementos como: pintura exterior, reparación de peches, zonas de xogos ou aseos exteriores, sen que exista un plan sistemático, nin un investimento acorde coas necesidades reais”.
“Hai fachadas -remarcou o edil popular- que levan anos sen pintarse, patios que non cumpren condicións mínimas de seguridade e baños do patio exterior clausurados por falla de mantemento, como os do CEIP López Ferreiro, que levan inutilizados anos sen que ninguén mova un dedo”.
Así mesmo, explicou “a fachada do CEIP de Vite presenta un estado lamentable á vista de toda a veciñanza, evidenciando como trata este goberno aos colexios públicos da cidade”.
Borja Rubio criticou “a incoherencia do BNG, que cando estaba na oposición esixía destinar 800.000 euros anuais para dignificar os centros escolares e, agora, cando son eles os que dirixen, manteñen a partida conxelada en 400.000 euros”.
“Estamos ante o exemplo perfecto -agregou- de como este o goberno local di unha cousa cando está na oposición e fai xusto o contrario cando ten que xestionar; é dicir, cero credibilidade, cero compromiso e cero coherencia”.
Rubio destacou que “os nacionalistas actúan sen planificación e cando dan algunha resposta só o fan cando as ANPAs ou as direccións dos centros presionan, polo que carecen de criterios técnicos e calendario de actuacións. “Levan anos ignorando as demandas dos centros -remarcou o popular- e, o que é peor, sen asumir que este é un servizo esencial que debería funcionar con dignidade e previsión”.