Atopámonos hoxe coa nova de que a alcaldesa de Santiago non acudirá á entrega da Medalla de Galicia á infanta Leonor.
Lamentamos profundamente que Goretti Sanmartín, como rexedora da capital de Galicia, decidira ausentarse deste acto, poñendo por diante, unha vez máis, a ideoloxía máis radical do seu partido fronte ao respecto que merece unha cidade que representa a todos, no só a unha minoría.
Aínda que goberne con 6 concelleiros de 25, non pode esquecer que non só goberna para os seus; e con este tipo de accións, o que demostra Sanmartín é que está moi lonxe de ser a alcaldesa que unha cidade universal como a nosa merece.
Porque gobernar é representar a todos, non só aos que pensan como un mesmo. Santiago é moito máis que ideoloxía: é hospitalidade, é respecto polas súas institucións, é memoria e é futuro.
Apelo á maioría silenciosa dos composteláns e compostelás: esa maioría que non grita, pero que sabe que a convivencia se constrúe con respecto, non con desplantes nin sectarismo. Hoxe, máis que nunca, debemos defender o que nos une, fronte ao que no separa.
Esa maioría dos composteláns e compostelás -silenciosos, sensatos e orgullosos da súa terra- saben que unha cidade grande non se define polo seu ruído, senón pola súa altura.
Hoxe, máis que nunca, invito a recuperar esa altura, a que Santiago merece.