Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e Borja Rubio, visitaron a unha ducia de veciños e veciñas do núcleo de Vilamaior, na parroquia de Sabugueira, que van quedar fóra da canalización de augas.
Os populares puideron comprobar que se está a levar a cabo unha obra por parte do goberno nacionalista e a deputación na que se exclúe a varias vivendas da posibilidade de conectarse á rede de auga pública, xerando así un agravio sen precedentes.
O edil Adrián Villa denunciou así o “surrealismo” á hora planificar esta actuación, lamentando que diversos veciños e veciñas vaian a contar con esta infraestrutura e, ao mesmo tempo, outras vivendas queden sen ela e, o que é máis preocupante, non teñan unha previsión de cando chegará a facerse esa necesaria actuación.
Pola súa banda, Rubio lamentou que “en pleno ano 2025, Santiago estea tan lonxe de facer chegar o servizo de auga ao rural”, algo tan esencial para o día a día xustificando que, tal e como indicou a propia veciñanza, o pasado ano sufriron numerosos cortes de luz que provocaron a falta de subministro de auga dos pozos.
Ademais das seis vivendas no núcleo de Neiro, que se atopa a escasos 100 metros de Vilamaior, outras dúas vivendas e unha granxa que sitas na área de actuación, por 50 metros de distancia, quedarán sen a instalación destas tubaxes sen explicación algunha por parte do goberno nacionalista.
Por último, os populares, ante este agravio sen precedentes, solicitaron ao goberno do BNG que, con fondos propios e, de forma urxente, leve a cabo unha actuación, sen demoralo nin un minutos máis, que permita que chegue un ben tan necesario como a auga a este núcleo.