O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe en rolda de prensa que o seu obxectivo e o do seu equipo é “conseguir en 2027 a maioría máis grande da historia de Santiago”.
“Temos claro que en 2027, ou o cambio é total ou non haberá cambio”, afirmou con rotundidade. E salientou que están preparados para liderar “un cambio real, non para administrar inercias”, advertindo que ese cambio só será posible cun “mandato democraticamente inequívoco”.
Verea afirmou ademais que “con seguridade e con confianza, temos claro o rumbo, e non nos temblará o pulso para mantelo” e apuntou que “a nosa folla de servizos esta a vista de todo o mundo: teño o mellor equipo, temos máis ganas, e temos demostrado o noso traballo liderando a oposicion con mais de 400 iniciativas e propostas”. “Estando sempre por diante dunha coalición tripartita fallida, finiquitada e inoperante, e que hoxe é xa unha decepción incluso para os seus, que non teñen argumentos para defender unha xestión nefasta desa coalición de minorías obscenas”, concluía o líder popular.
“Máis de 400 propostas defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués, ao que hai que sumar o programa de goberno que tivo o respaldo maioritario dos composteláns” insistía o líder popular, “fronte ao que temos diante que era unha coalición incialmente de seis concelleiros de PSOE, seis concelleiros do BNG e dous concelleiros de CA, que hoxe non existe, unha coalición fallida”.
O líder popular insistiu en que “imos seguir con traballo e tenacidade”. “O meu deber, o deber de liderar a oposición, é amosar e demostrar que hai outro camiño, e que non aspiramos a contentar a todos, senón a gobernar ben”, destacou. “Santiago necesita liderado e non improvisación”, remarcou, “estamos aquí para iso”.
Durante a súa intervención, Borja Verea fixo un balance moi crítico do actual goberno municipal e apuntou que as últimas coalicións tripartitas de PSOE, BNG e Compostela Aberta “non foron quen de dar resposta aos principais problemas da cidade, como os autobuses, a rotura de tubaxes, a limpeza, o tráfico ou a vivenda”.
“Neste inicio de curso político e entrando na fase final dun goberno decepcionante imos a seguir traballando e poñemos un obxectivo, unha meta clara e comprensible: “conseguir en 2027 a maioría máis grande da historia de Santiago, co convencemento de que imos gobernar, pero tamén co convencemento de que é convinte que o fagamos”, comprometéndose Borja Verea para así “consolidar en Santiago un goberno en sintonía cos valores e intereses das principais capitais europeas: progreso, futuro e estabilidade”.
O líder popular rematou destacando que “con total transparencia, teño e temos o mellor equipo, que é coñecido, teño e temos o mellor programa, que é coñecido, teño e temos máis ganas, que son coñecidas, e demostramos o noso traballo con ese dato incuestionable: máis de 400 iniciativas pensando só no interese de Santiago, que tamén son coñecidas”