O BNG e CA asumen a proposta de Borja Verea e o PP de Santiago de non vender o solo de todos os santiagueses a empresas privadas e cedelos a outra administración para construír vivenda 100% pública.
“Levamos desde que se sacaron a subasta ese solos pedíndolle ao goberno do BNG e CA que paralizase esas vendas e destinasen esas parcelas a vivenda 100% pública pero fixeron caso omiso. E agora recúan, anuncian ese xiro como mérito propio cando en realidade o que están recoñecendo é que cometeron un error, e, unha vez máis, van a rebufo das nosas propostas”, afirmou o líder popular.