O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reiterou que “entendemos que o 1M€ que se lle pretende aboar a Viaqua non é legal e pode xerar un prexuízo as arcas públicas, non temos ningún problema coas facturas a pequenos provedores, é ela a que ten que explicar por que insiste en levar conxuntamente todas as facturas” e, ademais, “a alcaldesa non ten nin tan sequera o apoio dos que a puxeron aí, os seus socios a deixan tirada e temos nós que votar en contra do noso criterio?”.

“Non se debe autorizar -remarcou Verea- un pago de 1M€ que pode supoñer un uso indebido de fondos públicos, estamos convencidos que non se debe pagar esa cantidade mentres non se nos resolvan unha serie de dúbidas xurídicas graves”.

O popular aclarou que mantivo unha conversa coa señora Sanmartín “que non acabou ben, porque eu díxenlle en privado o mesmo que digo publicamente, todo o mundo coñece o noso posicionamento, se hai 1M€ de pago a Viaqua que nós entendemos que é ilegal e que non se tería que estar pagando, porque xera un prexuízo ás arcas públicas, non imos votar a favor, por moito que me chame ou me deixe de chamar”.

“Entendemos que son ilegais, que os santiagueses non deberían pagar ese millón de euros, polo tanto non imos a votar a favor, porque temos que ser coherentes co que pensamos e, despois, por suposto, hai unha tamén unha cuestión política, moi importante, se ela non ten os votos nin tan sequera dos que a fixeron alcaldesa, necesita os votos do Partido Popular e, sen embargo, non para de insultarnos”, explicou.

O tamén parlamentario popular destacou que, “no mesmo Pleno, houbo un receso de dez minutos e non tardou nin dous, en coller o móbil, facer un audio, distribuílo aos medios de comunicación e dicir que somos destrutivos, pois como somos tan malos, busque vostede os votos dos seus socios, que parece que non lle votan isto a favor”.

“Se necesita os nosos votos, -reiterou Verea- o primeiro que ten que facer é pedir desculpas e, despois, pedilos con educación e, a partir, de aí, xa veremos se son capaces de responder ás preguntas polas cales nós entendemos que ese pago é ilegal”.

Goretti Sanmartín non é unha persoa de paz

Así mesmo, o líder popular, respondendo as declaracións de onte da alcaldesa, remarcou que “esta señora di cousas e, ademais, as cree, ela di que é unha persoa de paz, pero eu lembraríalle que non foi quen de condenar que as mulleres da CIG estivesen diante da sede dun partido democrático, diante das miñas compañeiras, insultándoas directamente”.

“Ninguén en Santiago -dixo- cree que é unha persoa de paz, pero ela dio e, ao mellor, autoconvéncese, pero non houbo en Santiago un goberno máis radical, nin que insultara tanto, incluso á oposición, insisto que as súas compañeiras da CIG estiveron diante da sede dun partido democrático insultando ás miñas compañeiras de partido en Santiago de Compostela, non en Madrid como di ela, aquí ao lado, e ela non é capaz de condenalo ”.