O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lamentou hoxe, en rolda de prensa, que a medida estrela presentada por Goretti Sanmartín para o ano 2026 sexa “dedicar só un 1% do seu tempo a recibir á veciñanza”. Verea destacou que isto demostra que “nin hai retos, nin goberno, nin proxecto común, polo que xa ninguén discute hoxe en Santiago que esta cidade necesita outro goberno, un goberno útil, decente e capaz que só é posible co Partido Popular”.

“Que oito concelleiros, que levan tres anos mal gobernando esta cidade, anuncien como medida estrela para 2026 que van a empezar a recibir aos veciños, a través dun formulario na páxina web é unha auténtica tomadura de pelo”, subliñou.

Borja Verea preguntase: “non o estaban facendo?; ata do agora a alcaldesa non recibía aos veciños; pasou tres anos sen recibilos?; que fixo estes tres anos?; por que só os vai a recibir dous días, dúas mañas, dúas tardes ao mes?; toman por tontos aos cidadáns desta cidade?, posto que esta iniciativa suporá que dos 1.460 días que ten un mandato, ela vai pasar sen recibir aos veciños 1.440 días, é dicir, a alcaldesa vai a dedicar un 1% de todo o seu tempo a escoitar aos veciños, preguntámonos quen sería a mente pensante desta carnavalada e desta nova medida de chichinabo”.

“Oito concelleiros, 15 asesores e 10 altos cargos, con salarios de 75.000 euros, e todas estas mentes pensantes chegaron á conclusión de que a medida estrela era anunciar que, por fin, neste último ano a alcaldesa vai escoitar aos veciños, pero sen pasarse, dous días ao mes, obtendo así unha fotografía en branco e negro dun goberno obsoleto illado e triste”, remarcou.

Verea destacou que “xa ninguén discute que Santiago necesita outro goberno, porque este carnaval político xa dura demasiado tempo e esta cidade necesita un goberno de persoas capaces e os santiagueses saben que o cambio real hoxe só é posible co Partido Popular”.

O popular insistiu en que, “en Santiago, hai anos que se renunciou a un proxecto común e este baleiro, esta decepción, estase a agravar coa irresponsabilidade de BNG, CA e partido socialista”.

Verea resaltou que “este oco ten en nós dende o primeiro día, unha resposta unida, constante e determinada e demostrámolo cando non cedemos ás chantaxes das facturas ilegais, ás da subida do recibo do lixo ou da subida do IBI e seguirémolo amosando en asuntos tan importantes como o contrato da auga ou no contrato de autobuses”.

“Cando marquemos o noso posicionamento -incidiu- non haberá presión, nin chantaxe que nos mova, temos unidade, constancia e determinación para defender os intereses dos santiagueses, fronte a este tripartito de BNG, CA e partido socialista, que só pensan na súa propia supervivencia con carnavaladas desesperadas, como as que están anunciando”..

En relación a outra das propostas do goberno nacionalista de que se van poñer máis radares na cidade e que hai unha previsión de ingresos por multas que practicamente duplica a de 2024, Borja Verea plantexa unha pregunta que se están a facer todos os santiagueses “por que queren poñer máis radares ou por que queren duplicar os ingresos por multas?, para nós a resposta é clara: alguén ten que pagar a festa, alguén ten que pagar todo este despilfarro”.

Para o popular, é evidente que “se esta medida non tivese un fin claramente recadatorio, se non fose para sablear aos cidadáns, a solución sería moi sinxela: baixar impostos como o IBI na mesma cantidade que incrementan as multas”.

Verea tamén se preguntou que, “se tal como dixeron hai uns meses o BNG e CA xa non hai puntos negros, nin máis atropelos, nin máis accidentes por que queren poñer máis radares, está claro, para sablear a xente, para seguir financiando a axencia de colocación do BNG, a axencia de colocación de Goretti Sanmartín e a axencia de colocación de Ana Pontón”.

No transcurso da súa intervención, o líder popular lembrou que “acaban de contratar como asesor a dedo a un concelleiro do BNG de Ribeira, perden o goberno de Ribeira e, en 48 horas, está aquí contratado cos impostos de todos os cidadáns de Santiago, sen ningún tipo de rubor, dálles exactamente igual, hoxe sae no BOP que lle suben o soldo a un asesor do BNG e contratan a outro: quen paga esta festa? hai que poñer radares e hai que subir as multas”.

“Volvo a lembrar -subliñou- que multiplicaron por dous o número de asesores cando chegaron a este goberno de 8 que tiña Sánchez Bugallo, a 15 que ten BNG e CA; de 4 directivos que tiña Sánchez Bugallo, a 10 que ten BNG e CA, con salarios de 75.000 euros”.

Finalmente, insistiu en “quen sería esa mente pensante que, cando estaban elaborando os orzamentos, dixo: necesitamos diñeiro para a policía, para os bombeiros, para os autobuses, así que reduciremos os asesores e os altos cargos e volveremos á situación de 2023, o que suporía un aforro importante, pero non, como imos facer iso? Mellor imos sablear aos veciños, vamos poñer radares e vamos multar e duplicar os ingresos por multas porque somos o goberno da xente”.