O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, proporá ao Pleno deste xoves que se retiren todos os radares de Conxo, xa que “fronte ao goberno de BNG e CA, que queren poñer máis radares, nós queremos todo o contrario, quitar os radares de Conxo”. O popular insistiu en que os nacionalistas pretenden instalar mais radares e recadar máis, é dicir o dobre, uns 5 millóns de euros, e nos queremos reducir impostos e recadación por multas”.

“Sen dúbida, -engadiu- a compra e instalación de novos radares e multamóbiles, tan só responde a un afán recadatorio sen que, previamente, se tomen medidas para moderar a velocidade nestas vías de acceso á cidade”.

Verea lembrou que “hai uns días, o goberno de BNG e CA fixo público que estamos ante un dos mellores anos en materia de seguridade vial, con menos accidentes, menos atropelos e que non había puntos negros, o paradoxo está en que aos 10 días de facer ese anuncio, o goberno nacionalista sorprendeu a toda a cidade dicindo que vai a poñer máis radares, por que o fan?”

Foi a propia Goretti Sanmartín a que, ás poucas semanas de tomar posesión, dixo que valoraba retirar o radar de Conxo, polo que creo que teñen que explicar que foi o que mudou para que non só non os retiren, senón que queren poñer máis radares”.

O popular insistiu que a medida de poñer máis multas e incrementar a colocación de dispositivos sancionadores responde é unha medida claramente recadatoria, xa que se non fose para sablear aos cidadáns, a solución sería moi sinxela: baixar impostos como o IBI na mesma cantidade que incrementan as multas”.

O líder popular subliñou que “o goberno nacionalista queren recadar tres millóns máis por multas para sablear aos santiagueses, e por que o fan? Nós o temos claro, fano porque alguén ten que pagar a festa, alguén ten que financiar este despilfarro, estamos ante o único goberno de todas os cores políticas, de cidades, Xunta de Galicia ou de deputacións que nada mais tomar posesión multiplicou por dous o numero de asesores e directivos, con soldos de 75.000 euros e isto hai que pagalo, estamos falando de millóns de euros”, insistiu.

Goretti Sanmartín contrata un concelleiro de Ribeira do BNG con fondos públicos

Verea ironizou “estou convencido que cando estaban elaborando os orzamentos alguén con sentido común dixo: – necesitamos diñeiro para a policía, para os bombeiros, para os autobuses, así que reduciremos os asesores e os altos cargos a metade e volvemos á situación de 2023, o que suporía un aforro importante -, pero non, como imos facer iso? Goretti Sanmartín decidiu que mellor sablear aos veciños, imos poñer máis radares e multas”.

O líder popular remarcou que se “este fose o goberno da xente, como eles mesmos se denominan, buscaría os cartos noutras partidas, como na redución de asesores e altos cargos, pero o que, finalmente, deciden é incrementar as multas, meter máis radares e subir os impostos, cando segundo os datos que eles mesmo ofreceron a decisión tería que ser todo o contrario”.

Para o popular, algo que demostra que esta fórmula só é para quitarlle os cartos do peto dos santiagueses “é que se xa non hai puntos negros, nin máis atropelos, nin máis accidentes; por que queren poñer máis radares?, está claro, para sablear a xente, para seguir financiando a axencia de colocación do BNG, de Goretti Sanmartín e de Ana Pontón; teñen que explicar como ás 48 horas de perder o BNG o goberno de Ribeira, un concelleiro do BNG xa estaba contratado a dedo en Santiago, é o mellor exemplo que o concello está a dispor de Ana Pontón e a da UPG e non dos santiagueses”, concluíu.