>
  • Neste momento, tense detectado a entrega dalgunhas axudas a entidades que non se atopan inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, requisito indispensable para a obtención das mesmas
  • Este feito ten ocorrido en varias convocatorias, como son as dos anos 2017 e 2018
  • Os concelleiros do PP amosan a súa “estrañeza” de que o resto dos grupos da oposición non teñan denunciado este feito, posto que son coñecedores da situación, unha actitude que “deixa moi claro cales serán as futuras alianzas postelectorais”
  • Esta situación supón “un menosprezo cara os veciños de Santiago e mesmo para outras entidades” que ven como desde o Goberno de CA se lles esixe a máxima ¨pulcritude nas súas condicións para acadar axudas, mentres que con outras se practica a política de mans abertas”
  • Os Populares solicitan tamén á Concellería de Igualdade que “resposte por escrito e aclare o escurantismo que hai nas convocatorias das axudas “Compostela Móvese”, xa que a resposta dada no Pleno pola súa responsable “inquieta moito máis e plantexa maiores dúbidas”        
  • Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019. O Grupo Municipal Popular pide explicacións ao Goberno de Martiño Noriega sobre a concesión dalgunha das subvencións que a Concellería de Igualdade do Executivo de Compostela Aberta entrega ás distintas asociacións.

    O grupo que dirixe Agustín Hernández ten detectando “prácticas de dubidosa legalidade”, como o feito de ter entregado axudas a entidades que no se atopan inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, “condición indispensable para optar a ditas subvencións”. Este feito ten ocorrido en varias convocatorias, como son as dos anos 2017 e 2018.

    Así mesmo, os concelleiros do Partido Popular amosan a súa “estrañeza” de que o resto dos grupos da oposición, PSdG e BNG, non teñan denunciado este feito, posto que son coñecedores desta situación, unha actitude que “deixa moi claro cales serán as futuras alianzas postelectorais”.

    Para os Populares, esta situación supón “un menosprezo cara os veciños de Santiago e mesmo para outras entidades”, que ven como desde o Goberno de Compostela Aberta se lles esixe a máxima ¨pulcritude nas súas condicións para acadar axudas, mentres que con outras se practica a política de mans abertas”.

    Por todo isto, o Grupo Municipal Popular requiriralle ao equipo de Martiño Noriega que dea explicacións por este feito e, ao mesmo tempo, poña as medidas necesarias para que situacións así non se repitan.

    Por outra banda, os Populares solicitan tamén á Concellería de Igualdade que “resposte por escrito ao “escurantismo que existe nas convocatorias das axudas “Compostela Móvese”, posto que a resposta dada onte no Pleno Ordinario pola súa responsable “inquieta moito máis e plantexa maiores dúbidas das que tiñan os Populares, despois de analizar a resposta dada en relación á documentación que Compostela Aberta remitiu tras a pregunta que presentamos o pasado mes de xaneiro sobre este asunto”.