>
  • Desde hai meses, son moitos os veciños que veñen advertindo desta situación, posto que, ademais de propiciar a acumulación de lixo, podería supoñer un grave risco en caso de producirse algún lume
  • A veciñanza xa indicou que teñen advertido ao Concello deste problema, pero ata o de agora non recibiron resposta algunha
  • Concretamente, aseguran que, entre a parte traseira dos edificios da rúa Rosalía de Casto e o citado centro educativo, o terreo atópase cheo de matorrais de gran tamaño e existen áreas sen limpar, o que, reiteran, é un perigo tanto para os veciños como para os alumnos
  • Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019. O grupo Municipal Popular insta ao Goberno de Sánchez Bugallo a que proceda a limpar os terreos situados entre o IES Eduardo Pondal e a rúa Rosalía de Castro, unha zona que se atopa invadida pola maleza.

    Desde hai varios meses, son moitos os veciños que veñen advertindo desta situación, posto que, ademais de propiciar a acumulación de lixo, podería supoñer un grave risco en caso de producirse algún lume.

    A veciñanza xa indicou que teñen advertido ao Concello deste problema, pero ata o de agora non recibiron resposta algunha.

    Concretamente, aseguran que entre a parte traseira dos edificios da rúa Rosalía de Casto e o citado centro educativo o terreo atópase cheo de matorrais de gran tamaño e, así mesmo, existen áreas moi pretas das vivendas e do instituto sen limpar, o que, reiteran, é un perigo tanto para os veciños como para os alumnos, tendo en conta que nuns días se iniciará un novo curso académico.

    Por todo isto, o Grupo Municipal que dirixe Agustín Hernández levará ao Pleno ordinario do vindeiro mes de setembro unha iniciativa na que instará ao Goberno de Sánchez Bugallo a que leve a cabo a limpeza desta zona da forma máis urxente posible.

           
     
    Dúas imaxes do acceso ao campo de fútbol da Colexiata de Sar
     
       
    Rúa Quiroga Palacios