>
  • Neste momento, como denuncian os Populares, as persoas que esperan o bus na nova parada non teñen posibilidade de sentarse ou de acollerse da choiva e do frío mentres agardan polo autobús
  • A infraestrutura da parada 647 da liña P6 debería estar situada a uns 50 metros de distancia da ubicación actual, co que se evitarían as incomodidades que, neste momento, padecen as persoas que utilizan o transporte público nese lugar

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019. O Grupo Municipal Popular presentará, no vindeiro Pleno Ordinario deste mes, un rogo para que o Goberno de Sánchez Bugallo proceda a trasladar a marquesiña da parada 647 da liña P6, para localizala no lugar actualmente sinalizado, situado a uns 50 metros de distancia, co que se evitarían as incomodidades que, neste momento, padecen as persoas que utilizan o transporte público nese lugar.

Cabe sinalar que como consecuencia dunha reordenación puntual do transporte público na liña P6, no seu tránsito polo Polígono do Tambre, fíxose un cambio na parada nº 647, situada nas proximidades da confluencia das vías De la Cierva e Nobel, xusto enfronte da antiga nave de El Correo Gallego, para traslada uns 50 metros en dirección ao centro do polígono.

Conforme a iso, sinalizouse horizontal e verticalmente a nova localización, pero mantívose a marquesiña no lugar inicial, onde, como denuncian os Populares, xa non existen outros indicativos da parada, co que as persoas que esperan o bus na nova parada non teñen posibilidade de sentarse ou de acollerse da choiva e do frío mentres agardan polo autobús.