>
  • Os Populares consideran que, coa maior dilixencia posible, por parte do correspondente órgano do Goberno municipal, debería procederse á poda de dita vexetación, co obxecto de mellorar as exiguas condicións de seguridade que ofrece esta vía pública
  • Os arredor de 3,5 metros de ancho que ten o vial de media na maioría do seu trazado, convértense, nas inmediacións do número 14 desta rúa, en apenas 2,5 metros, que é a distancia que, aproximadamente, separa os arbustos da bionda de protección
  • Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019. O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno ordinario un rogo co fin de que o Goberno de Sánchez Bugallo proceda á mellora da seguridade viaria na rúa de Salgueiriños de Arriba, onde a falta de coidado da vexetación existente pon en perigo a vehículos e peóns.

    Os Populares consideran que, coa maior dilixencia posible, por parte do correspondente órgano do Goberno municipal, se estuden as posibilidades de retirar a sebe existente nas proximidades do número 14 da rúa dos Salgueiriños de Arriba ou que, no seu defecto, se dean as instrucións precisas para proceder á súa poda, co obxecto de mellorar as exiguas condicións de seguridade que ofrece esta vía pública.

    Antecedentes

    Cabe sinalar que na citada vía, concretamente, nas proximidades do número14, a estreiteza que caracteriza a esta rúa vese incrementada pola existencia dunha sebe que foi medrando ata dificultar o tránsito, a visión e, con iso, a seguridade viaria de persoas e vehículos, tal e como nos teñen denunciado os usuarios e veciños que a cotiá por alí transitan.

    Os arredor de 3,5 metros de ancho que ten o vial de media na maioría do seu trazado, convértense nese punto en apenas 2,5 metros, que é a distancia que aproximadamente separa os arbustos da bionda de protección.