>
  • Os Populares lembran que, hai uns dous meses e en declaracións públicas, o concelleiro encargado da área de Mobilidade no Concello santiagués sinalaba que o Goberno Local estaba a elaborar o prego do concurso do transporte público da capital de Galicia
  • Así mesmo, o Goberno de Sánchez Bugallo tamén reiteraba a súa intención de que o concurso do servizo puidera ser licitado antes de fin de ano, situación esta que non parece que vaia ter lugar
  • Con anterioridade, na sesión plenaria do mes de xullo, a Corporación aprobaba unha iniciativa do Partido Popular para que o Goberno de Sánchez Bugallo procedera coa máxima dilixencia á información pública do proceso de licitación do transporte urbano municipal antes da licitación deste servizo
  • Santiago de Compostela, decembro de 2019. O Grupo Municipal Popular preguntou no Pleno Ordinario sobre que previsións ten o Goberno de Sánchez Bugallo para levar a cabo a información previa á renovación do transporte público de Santiago e a integración de autobuses lanzadeira na concesión de dito servizo.

    Os Populares lembran que, hai uns dous meses e en declaracións públicas, o concelleiro encargado da área de Mobilidade no Concello santiagués sinalaba que o Goberno Local estaba a elaborar o prego do concurso do transporte público da capital de Galicia e manifestaba a intención de que o concurso do servizo puidera ser licitado antes de fin de ano, situación esta que non parece que vaia ter lugar.

    Con anterioridade, na sesión plenaria do mes de xullo, a Corporación aprobaba unha iniciativa do Partido Popular para que o Goberno de Sánchez Bugallo procedera coa máxima dilixencia á información pública do proceso de licitación do transporte urbano municipal antes da licitación deste servizo, sometendo o resultado á consideración do Consello de Tussa e abrindo un período de exposición pública para informar en detalle ao conxunto da cidadanía dos cambios que se ían producir para recoller as suxestións que se lle puideran trasladar.

    Por outra parte, o Goberno Local ten anunciado a intención de poñer en marcha a ampliación das áreas de estacionamento de bordo ou disuasorias, complementándoas coa dotación dun servizo de autobuses lanzadeira e para facilitar a mobilidade cara ao centro urbano.

    Tendo en conta esta situación e ante a falta de información sobre os pasos que está a dar o Executivo Local, o Grupo Municipal Popular preguntará no Pleno Ordinario deste mes sobre cal é o camiño que está a seguir o grupo de Goberno nesta materia.