>
  • Neste momento, o Goberno local ten demostrado a súa total ineficacia para sacar os temas de urbanismo cara adiante, polo que os veciños levan anos sufrindo as consecuencias
  • Para os Populares, parece inconcebible que os habitantes desta zona de Santiago sufran a falta de servizos básicos, a pesar de estar no centro dunha cidade que é a capital de Galicia
  • Unha das maiores problemáticas é a referida á rehabilitación dos edificios e á instalacións de ascensores, posto que algúns propietarios ven como as axudas so chegan para uns poucos, cando moitos veciños xa adiantaron cantidades
  • O Goberno local se comprometera a ouorgarlles as subvencións que lles correspondían, pero que agora non chegan de ningunha maneira
  • Os veciños explicáronlle a Hernández que os barrios padecen un grave problema de accesibilidade, chegando a ter bloques de edificios totalmente incomunicados
  • Santiago de Compostela, 20 de abril de 2019. Agustín Hernández, presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, comprometeuse cos veciños de Guadalupe e Vite que, de conseguir chegar á alcaldía o vindeiro 26 de maio, tomará, o máis urxente posible, as medidas necesarias para poñer en valor estes barrios santiagueses.

    Unha das súas primeiras medidas que executará Agustín Hernández será a creación dunha Oficina de Rehabilitación para cada unha das ARIs que existen en Santigo, co fin de rematar co caos que soporta o departamento de Urbanismo do Concello. Neste momento, o Goberno local ten demostrado a súa total ineficacia para sacar os temas de urbanismo cara adiante, polo que os veciños levan anos sufrindo as consecuencias.

    Para os Populares esta situación é totalmente incomprensible, posto que o Concello conta co diñeiro suficciente para executar os proxectos grazas ao Plan de Vivenda, pero son completamente incapaces de cumplir cos compromisos e solucionnar os problemas existenetes neste eido.

    Como decíamos, unha das maiores problemáticas é a referida á rehabilitación dos edificios e á instalacións de ascensores, posto que algúns propietarios ven como as axudas so chegan para uns poucos, cando moitos veciños xa adiantaron cantidades, despois de que o Goberno local se comprometera a ouorgarlles as subvencións que lles correspondían, pero que agora non chegan de ningunha maneira.

    Os veciños tamén denunciaron que a burocracia municipal eterniza calquera papeleo que necesitan, co que resulta imposible sacar a adiante os proxectos de mellora necesarios, para que os barrios conten coas mesmos servizos que o resto da cidade.

    Durante un encontro, no que estivo acompañado por membros da súa candidatura, o dirixente Popular pudo escoitar de primeira man as graves carencias que soportan estes veciños desde hai anos. Para os Populares, parece inconcebible que os habitantes desta zona de Santiago sufran a falta de servizos básicos, a pesar de estar no centro dunha cidade que é a capital de Galicia.

    Problemas de accesibilidade

    Os veciños explicáronlle a Hernández que os barrios padecen un grave problema de accesibilidade, chegando a ter bloques de edificios totalmente incomunicados, co que supón para a xente de mobilidade reducida ou cando se necesita calquera servizo teña que acudir a unha urxencia.

    Así mesmo, Agustín Hernández comprobou como as infraestruturas desta zona se atopan moi deterioradas, un dos exemplos máis claros desta situación é o Camiño dos Vilares, onde son numerosas as caidas dos usuarios desta via por mor do mal estado das beirarrúas; ademais, os veciños destacaron que soportan un importante problema de seguridade viaria, que como consecuencia sofre numerosos accidentes de tráfico, sobre todo, atropelos.

    A veciñanza lembroulle que hai graves deficiencias na recollida de lixo e no funcionamento dos contedores; na canalización da auga; a iluminación das rúa é claramente insuficiente; e falta de poda das árbores. Outra das demandas importantes para os habitantes desta zona da capital de Galicia é o precario funcionamento no transporte urbán, xa que soportan vehículos envellecidos; frecuencias moi precarias e mal estado das marquesinas, polo que esixen que se reestruture, co fin de dar o servizo que precisa esta zona de Santiago.

    Por outra banda, tamén denunciaron que nos barrios existe un importante problema de seguridade cidadán, polo que son moitos os veciños os que sofren atracos e roubos.

    >
  • Hernández destacou dita característica como un dos puntos fortes de Santiago, sobre todo, tendo en conta que, outras cidades do noso país manteñen elevados niveis de contaminación atmosférica, mentres que Santiago está a ser a mellor opción para facer unha boa cura de aire san
  • Na actualidade, ”as viaxes planifícanse a destinos saudables, con pouca contaminación, nas que o aire puro é un atractivo máis, polo que, con traballo e esforzo, Santiago poderíase incluír nun dos destinos menos contaminados de España”, explicou
  • O Popular explicou que se traballará en catro puntos como son: potenciar o Monte Pedroso; mellorar as áreas recreativas de Chaián e A Barciela; elaborar un Plan Director da Alameda; e ampliar o “Área Santiago”, co propósito de abrir a cidade ao Mar
  • Santiago de Compostela, 17 de abril de 2019. O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, explicou hoxe en rolda de prensa que a cidade de Santiago debe ampliar os seus horizontes con referente turístico de excelencia, polo que os seus dirixentes deben traballar para destacar a capital de Galicia como destino de turismo alternativo e saudable, que faga da súa calidade do aire un dos seus atractivos, posto que reúne todas as condicións para elo, pero non están nin desenvoltos, nin aproveitados.

    Durante a súa intervención, Hernández destacou dita característica como un dos puntos fortes de Santiago, sobre todo, tendo en conta que, outras cidades do noso país manteñen elevados niveis de contaminación atmosférica, mentres que Santiago está a ser a mellor opción para facer unha boa cura de aire san.

    O responsable do Partido Popular incidiu en que “respirar aire puro convértese nun valor engadido non só para os que vivimos en Santiago senón tamén para os turistas que queiran gozar do entorno natural urbano e rural”.

    Para Hernández, é imprescindible que o Camiño de Santiago, que transcorre por paraxes naturais, non teña outra meta que a dun Concello modélico na súa calidade ambiental, “unha bocanada de aire puro para quen chegue á Praza do Obradoiro”.

    Santiago dispón de preto de 25 m2 de espazos verdes por habitante e algo máis dunha árbore por cada catro habitantes, un promedio que case duplica o recomendado pola Organización Mundial da Saúde e que nos sitúa como a primeira cidade de Galicia e entre as 5 primeiras de España pola superficie de parques e xardíns.

    Por isto, destacou que, se os veciños de Santiago outórganlle a súa confianza o vindeiro 26 de maio, “traballaríamos desde o principio para transformar Santiago nunha cidade sa e referente imprescindible do turismo saudable”.

    Hernández destacou que Santiago, aínda con pegas no tratamento ambiental no servizo de recollida e no de residuos ou a xestión das súas augas residuais, dispón dunha contorna privilexiada, para situarse entre as cidades españolas e europeas cun ambiente máis natural e con menos contaminación, valor este que cotiza á alza á hora de elixir residencia ou como atracción dun turismo de calidade.

    Catro medidas

    Para elo, o Popular explicou que se traballará, sobre todo, en catro accións, como son: potenciar o Monte Pedroso, atalaia accesible e popular; mellorar as áreas recreativas de Chaián e A Barciela, para redescubrir o río Tambre; elaborar un Plan Director da Alameda, para recuperar un símbolo da cidade; e, ademais, ampliar o “Área Santiago”, co propósito de abrir a cidade ao Mar.

    Recuperación do Monte Pedroso: é o momento de mellorar a súa accesibilidade e a súa utilización para o conxunto da cidadanía, para convertelo nun elemento central da cidade sa que complemente o atractivo de Santiago.

    Así, propoñemos a mellora da súa accesibilidade e sinalización, para ampliar o seu coñecemento e o seu desfrute, con  sinxelos elementos que contribúan a facilitar o seu percorrido, así, completarase o acceso peonil desde Santa Isabel ata a Granxa do Xesto; executarase unha nova senda desde O Carme ata cima do Pedroso, con acceso á Selva Negra, que se mellorará; e rehabilitarase o Vía Crucis e o seu camiño ata o cume

    Mellora das áreas fluviais de Chaián e Barciela: zonas recreativas propias, axeitadas para o baño, augas arriba do Tambre

    • Área de Chaián: precisa de labores de mantemento e pequenas melloras que potencien o seu atractivo, a súa funcionalidade e a súa comodidade para todas as persoas que aquí se acheguen.

    Hernández subliñou que, entre as medidas que propoñemos, están o acceso peonil e ciclista seguro desde a zona urbana, o acondicionamento dos sendeiros, a rehabilitación da caseta do pescador e das mesas e  bancos espallados pola ribeira; a limpeza e arranxo da fonte ou a reposición do estragado cartel informativo na entrada.

    Tamén indicou que “reclamaremos a colaboración da Deputación da Coruña para mellorar a contorna da estrada provincial CP-7804 e propoñemos que a Deputación coloque proteccións onde o desnivel o aconselle e considerar unha futura actuación para facilitar a conexión peonil coa marxe de Trazo. Ademais, estudaremos a implantación dunha pequena plataforma, integrada no medio e que puidera resistir ás enchentes, para facilitar o baño, evitando o acceso polo fondo terroso que aquí ten o río.

    • Área da Barciela: acondicionarase a pista existente pola beira do río; instalaranse uns indicadores para facilitar a súa localización; executaranse labores de mantemento e recuperaranse varios puntos para cociñar á grella, a fonte, as mesas e os bancos para uso público.

    Ademais destas melloras, poñerase en valor estas áreas, a través de actividades a pé ou en bicicleta que propiciaran o coñecemento e o interese da veciñanza polas ribeiras do Tambre e tamén unha mellora na sinalización específica que facilite o acceso desde a cidade.

    A Alameda prestarémoslle unha atención continuada e á contorna da Igrexa de Santa Susana, poñendo en marcha un Plan Director específico. Como actuación complementaria implantaranse medidas de seguridade no contorno de Santa Susana e recuperaremos o uso do quiosco municipal, cando menos para habilitar nun primeiro momento o servizo de baño accesible.

    Finalmente, Agustín Hernández destacou que outra medida con forte vinculación con esta é a potenciación da asociación de Concello “Área Santiago” creada polo Partido Popular no anterior mandato e que Compostela Aberta deixou esmorecer. Traballaremos para acadar a recuperación e o fortalecemento desta Asociación, aberta a todos os concellos da área, desde a zona central de Galicia do Deza e o Alto Ulla ata a beiramar da Arousa e do Barbanza, para ampliar o poder de atracción de Santiago e abrir a cidade ao mar.

    Santiago sería unha boa plataforma para promocionar o litoral central de Galicia, principalmente as rías de Arousa e Muros, zonas que á súa vez complementarían o potencial da cidade e con el unha boa oportunidade para prolongar a estadía, cunha oferta distinta pero coincidente no seu carácter de turismo de aire san e saudable.

    >
  • O anuncio da cesión dun inmoble da USC, na rúa Casas Reais, para a súa conversión en centro social, pon en evidencia a descoordinación e o descontrol do Goberno de CA que encargou e pagou un proxecto para acondicionar outro local como centro social na Praza Salvador Parga
  • A elección do inmoble de Casas Reais obrigaría a articular medidas alternativas para a reapertura do Xardín de Amarante, toda vez que a dita reapertura pasaba pola conexión do mesmo co xardín do proxectado centro sociocultural en Salvador Parga
  • Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019. O anuncio da cesión dun edificio da Universidade, na rúa Casas Reais, para a súa conversión en centro social do casco histórico, pon en evidencia a descoordinación e o descontrol do Goberno de Compostela Aberta á hora de dotar ao ámbito monumental dun centro sociocultural en condicións; unha necesidade da que o goberno municipal é consciente desde o inicio do mandato.

    O pasado 30 de outubro de 2017 o goberno municipal autorizou un gasto de 14.883 euros para realizar a redacción do “Proxecto de rehabilitación do local en planta baixa e do xardín” dun inmoble da Praza Salvador Parga, con destino a centro social do Casco Histórico e o pasado 20 de xullo de 2018 a Xunta de Goberno aprobou o proxecto, un proxecto tamén chamado a permitir a conexión entre o xardín do inmoble rehabilitado e o Xardín de Amarante, a fin de acadar así a súa reapertura ao público.

    O Grupo Municipal Popular entende que o Goberno de CA ten que explicar a cuestionable lóxica dos seus proxectos paralelos en orde a dotar dun centro social ao casco histórico, así como os custes e a eficiencia económica da alternativa temporal do local de Casas Reais que agora se anuncia.  

    Página 1 de 178