Borja Verea

O candidato

Son Borja Verea, candidato do Partido Popular á Alcaldía de Santiago, e convídovos a facer de Compostela a mellor cidade de Galicia, a máis cómoda e cos mellores servizos.

Xa somos a capital e punto de referencia en Europa. Agora tócanos asegurar un futuro que faga de Santiago a cidade na que todos os galegos quererían vivir, a cidade desexada. A Compostela das familias que conviven en benestar.

No Partido Popular de Santiago temos equipo, proxectos e forza para acadar este obxectivo. Por iso queremos que subades ao noso tren de futuro. Precisamos da vosa participación para gañar a Compostela que vós queredes. O 28 de maio daremos un paso decisivo nese camiño, elixindo a un alcalde para o porvir, un alcalde que non estea esgotado nin atado aos partidos que nos sumiron na gravísima crise que padecemos en España.

Tamén ofrecemos unha alcaldía sen ataduras fronte a quen só pode ser alcalde facendo concesións permanentes a tres ou catro grupos políticos distintos. O PP somos estabilidade e futuro.

Por todo iso, por Santiago, pídovos que participedes con nós na construción da nova Compostela. Votade comigo polo futuro.

Se queremos conseguir algo, temos que deixar de ser pasivos e dar un paso á fronte, ese é o meu obxetivo, actitude e aptitude.
Irene Pazos

Para mí es muy gratificante escuchar a la ciudadanía y pensar que puedo hacer algo por ellos.
Rosario (9)