Información do candidato
Funcionario de habilitación nacional das subescalas de Intervención-Tesouraría e Secretaría-Intervención. Pertence tamén ao corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito, tamén pola USC.
Foi secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (2015-2020) e da Consellería de Economía e Industria (2011-2015).
Tamén foi subdirector xeral de Réxime Xurídico Local da Consellería de Presidencia e Administración Pública (2009-2011) e secretario-interventor do Concello do Saviñao (2007-2009).