
O Partido Popular denuncia o “chorreo de promesas, disfrazadas de proxectos” coas que o alcalde socialista enche a axenda do Concello
José Antonio Constenla lembra que non hai máis que mirar “o programa electoral dos socialistas para ver que non cumpriron nin unha ínfima parte das súas promesas, pero que agora as vemos anunciadas en forma de roldas de prensa improvisadas, reunións con colectivos cos que nunca estiveron en catro anos e con anuncios de obras que nin empezaron, nin se poderán iniciar en moitos meses”.