O Partido Popular denuncia a lamentable planificación da obra do campo das Cancelas, sen adestramentos e sen arranxo
O concelleiro José Ramón de la Fuente incidiu en que a nefasta decisión do Concello fixo que o luns e martes os clubs tiveran que cambiar o lugar habitual de adestramentos mentres o campo das Cancelas permanecía pechado sen uso; “non cabe xestión máis indolente e pouco respectuosa cos afectados”