Borja Verea paralizará as actuacións do Plan Especial que afectan ao Camiño Francés ao seu paso por Lavacolla, San Marcos e Bando

Borja Verea paralizará as actuacións do Plan Especial que afectan ao Camiño Francés ao seu paso por Lavacolla, San Marcos e Bando

Para Borja Verea “que os veciños se enterasen deste Plan Especial a través dunha carta municipal é o mellor exemplo do pasotismo e a soberbia do goberno socialista” xa que “é un despropósito presentar esta modificación sen escoitar antes aos afectados” sobre todo “cando esta modificación supón un perxuízo tan grande para todos os propietarios de vivendas, negocios e fincas”. Neste senso deixou claro que, de conseguir a maioría necesaria para gobernar Santiago, “paralizaremos e anularemos a posta en marcha deste Plan Especial e faremos as cousas ben, empezaremos de novo escoitando á xente”