Borja Verea pídelle a CA que aclare se vai a seguir apoiando a un Goberno que, na súa primeira decisión, contradí unha das propostas estrela da voceira de Compostela Aberta
“Aínda non levan 100 días e xa estamos ante un Goberno en descomposición, por unha banda, o BNG leva a súa soberbia ao seu máximo expoñente e, por outra, a dignidade de CA está liquidada se segue nun Goberno que derruba a Casa da Xuventude, posto que este inmoble foi o seu símbolo e, polo tanto, estase a rir dos seus votantes, subliñou.