O PP de Santiago esixe a Sanmartín que tome as rendas no caos da Pastoriza ante a incapacidade dos concelleiros de obras e mobilidade
Adrián Villa denunciou que a falta de solucións do goberno está obrigando aos composteláns a usar rúas de acceso restrinxido ou para residentes como a Rúa do Espírito Santo ou a Costa do Vedor para escapar das retencións da obra da Pastoriza. E é que son precisamente eses viais, xunto coa Rúa de San Pedro os que deberían plantexar desde o Concello como rutas alternativas mentres duren as obras