
O PP tacha de “inaceptables e antisociais” as novas condicións do transporte urbano dadas a coñecer polo Goberno socialista
O voceiro popular considera que “non é de recibo que despois de estar todo o mandato de brazos cruzados, agora o Goberno socialista se saque da chistera un contrato que regulará este servizo para os vindeiros 13 anos e que suporá que cada usuario teña que pagar case dous euros por un billete, o que é unha barbaridade; e todo iso sen ter consultado con ninguén”.