
O Partido Popular remarca que a desaparición da Casa da Xuventude só será posible se o 28 de maio Borja Verea consigue a confianza dos santiagueses
O candidato popular tacha de “indecencia” o feito de que, a 40 días das eleccións municipais, se poda debater e aprobar no Pleno provincial a cesión, por 25 anos, á Deputación da Coruña dun inmoble municipal, propiedade dos composteláns.