
Borja Verea afirma que é necesario eliminar a Casa da Xuventude para seguir creando cidade
O candidato á Alcaldía salientou que “construír cidade moitas veces esixe crear espazos libres, vaciar, osixenar, e este é o mellor exemplo”.
O candidato á Alcaldía salientou que “construír cidade moitas veces esixe crear espazos libres, vaciar, osixenar, e este é o mellor exemplo”.
Por outra banda, o Popular sinalou que, en relación á Casa da Xuventude, “a nosa postura é clara e firme, non se moveu nin un milímetro”, así engadiu que “a nosa idea é derrubar a Casa da Xuventude, xa neste mesmo ano 2023, e anular a indecente cesión que acaba de perpetrar tanto a Deputación da Coruña como o Concello.
O candidato popular tacha de “indecencia” o feito de que, a 40 días das eleccións municipais, se poda debater e aprobar no Pleno provincial a cesión, por 25 anos, á Deputación da Coruña dun inmoble municipal, propiedade dos composteláns.
Neste senso explicou que a Praza do Matadoiro converterase nun “novo espazo comunitario, verde e dinámico, un punto de encontro social e exemplo dunha cidade moderna e alegre”.