
O Goberno socialista incumpriu durante todo 2022 o período de pago a provedores, acadando unha media de 64,5 días, máis do dobre do establecido
O Goberno socialista continúa a incumprir o prazo máximo para os pagamentos a empresas e autónomos que realizan traballos ou entregan bens e servizos para atender as necesidades da administración pública local, superando con frecuencia e amplamente o Período Medio de Pago (PMP) establecido en 30 días pola Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril.