O Partido Popular denuncia que o Goberno socialista aluga unha nave a unha empresa propiedade do ex concelleiro Pichel a pesar de ter unha débeda de case 200.000 euros co Concello

O Partido Popular denuncia que o Goberno socialista aluga unha nave a unha empresa propiedade do ex concelleiro Pichel a pesar de ter unha débeda de case 200.000 euros co Concello

José Antonio Constenla subliñou que o comportamento do Goberno Bugallo ten máis de “interese socialista que de interese social”, posto que toda a veciñanza ten que ser tratada da mesma maneira pola Administración local, “sen que o importante sexa o carné que tes e non trasladar á veciñanza que non todos somos iguais ante o Grupo de Goberno”.

O Partido Popular denuncia que Mila Castro négase a dar explicacións no Pleno sobre o aluguer da nave que era propiedade do ex concelleiro Pichel

O Partido Popular denuncia que Mila Castro négase a dar explicacións no Pleno sobre o aluguer da nave que era propiedade do ex concelleiro Pichel

Os Populares tiñan pedido a comparecencia, no Pleno ordinario de mañá xoves, día 26, da concelleira responsable do contrato de alugueiro do inmoble no parque empresarial da Sionlla para servizos municipais e o alcalde socialista tomou a decisión de non admitir dita solicitude e aprazar a comparecencia de Mila Castro para o Pleno do mes de febreiro.

Borja Verea defenderá os intereses dos composteláns con toda contundencia polo que trasladará a documentación á Fiscalía Anticorrupción

Borja Verea defenderá os intereses dos composteláns con toda contundencia polo que trasladará a documentación á Fiscalía Anticorrupción

“Atopámonos ante indicios demoledores que veñen a demostrar que non estamos ante un erro, senón ante unha trama organizada que ten como obxecto desviar fondos públicos a empresas amigas que acaba de destapar, á vista de todo o mundo, o “modus operandi” do sistema clientelar dos gobernos de Bugallo”, remarcou Borja Verea