Borja Verea denuncia o engano do BNG con respecto ás súas políticas de turismo coas VUTS
O líder popular esixiu que cese xa o discurso de odio sobre o turista, posto que “os turistas non son culpables de nada, os únicos culpables son as inexistentes políticas de turismo en Compostela que, despois de 40 anos de gobernos de esquerdas, nos levan a estes resultados”.